3 Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Escollede un chibo para o sacrificio de expiación e un xovenco e un año dun ano, ambos sen chata para o holocausto.
O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento: Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado. Pero el verá descendencia, alongará os seus días e por medio del cumprirase a salvación do Señor.
Moisés preguntou a fondo acerca do chibo expiatorio, e informouse de que fora queimado. Alporizouse moitísimo Moisés contra Elazar e Itamar, fillos superviventes de Aharón, e dixo:
Pasados os días da súa purificación polo fillo ou pola filla, presentará á porta da Tenda do Encontro, como holocausto, un año dun ano e un pombiño ou unha rula, como oblación polo pecado. Darallos ó sacerdote,
No día oitavo collerá dous años sen chata e unha ovelliña dun ano sen chata, e tres décimos de flor de fariña, mesturada con aceite, coma oblación, e un cuarteirón de aceite.
Matará o chibo expiatorio que lle toca ó pobo e levará o sangue do chibo desde o templo para detrás do veo. Fará con el o mesmo que fixera co sangue do xovenco, asperxendo enriba e por diante do propiciatorio.
Se o que peca é o Sumo Sacerdote, o unxido —que, como tal, fai culpable ó pobo—, ofrecerá polo pecado cometido en prexuízo do pobo un xato de boi sen chata á honra do Señor.
Un boi e un carneiro para o sacrificio de comuñón, que sacrificaredes diante do Señor, a máis dunha oblación adobada con aceite. Hoxe de seguro hásevos aparecer o Señor".
Pois o imposible para a Lei, por estar incapacitada por culpa da nosa condición irredenta, realizouno Deus: mandando, por cousa do pecado, o seu propio Fillo nunha condición semellante á condición do pecado, condenou o pecado nesa propia condición.
Tamén Cristo morreu unha vez polos vosos pecados, o xusto polos pecadores, para vos achegar a Deus; sufriu a morte na carne, pero recibiu vida no espírito.
E cantaban un canto novo: "Ti es merecente de recibir o libro, e de abrir os selos, porque te degolaron e adquiriches para Deus co teu sangue xentes de toda raza, lingua, pobo e nación.