Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 8:8 - Biblia SEPT

8 Colocoulle o peitoral e enriba del os urim e os tummim;

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 8:8
13 Iomraidhean Croise  

E o gobernador díxolles que non comesen dos alimentos moi santos, ata que un sacerdote se presentase por medio do urim e os tummin.


E o gobernador díxolles que non comesen dos alimentos sagrados, ata que chegase algún dos sacerdotes experto na consulta dos urim e tummim.


Este é o rito da consagración dos sacerdotes. Colle do gando un xovenco e dous carneiros sen defecto.


Márcame coma un selo no corazón, coma un selo no teu brazo! Pois é rexo coma a morte o Amor, duros coma o Xeol son os celos; son os seus lóstregos coruscar de lume, divina labarada.


pois revestiuse de xustiza ó xeito de coiraza e a salvación foi o casco da súa cabeza; puxo de vestido as roupas da vinganza e cubriuse de celo coma mantón.


Deberá presentarse a Elazar, sacerdote, quen consultará por el o xuízo dos Urim ante o Señor. Por orde súa sairán e por orde súa regresarán, el e mais todos os fillos de Israel con el, toda a comunidade".


Estade, logo, en pé: cinguídevos co cinto da verdade, revestidos coa coiraza da xustiza


Isto é o que dixo para Leví: Que os teus Tummim e os teus Urim sexan para o home que é fiel ao teu amor, a quen puxeches a proba en Masah, con quen discutiches fronte ás augas de Meribah,


Pero nós, que somos do día, manteñamos o propio control, revestidos coa coiraza da fe e da caridade e co casco da esperanza da salvación.


Non o escollín a el, de todas as tribos de Israel, para que fose o meu sacerdote, subise ó meu altar, queimase o meu incenso e levase o efod diante de min? A familia de teu pai concedinlle unha parte nas oblacións dos israelitas.


Xaúl consultou o Señor, pero o Señor non lle respondeu nin por soños, nin polas sortes, nin por profetas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan