Deberanlle facer estes ornamentos: o peitoral, o efod, o manto, a túnica bordada, a mitra e a faixa. Para faceren os vestidos sacros para o sacerdocio do teu irmán Aharón e dos seus fillos
Exultarei ledo polo Señor, e a miña alma brincará de xúbilo polo meu Deus, xa que me fixo vestir roupas da salvación e envolveume co manto da xustiza, coma o noivo que veste solemnemente o turbante, e coma a noiva que se adorna coas súas xoias.
para agasallar os tristes por Sión, para darlles xoias en vez de po, perfume de ledicia en vez de loito, vestido de festa en vez de espírito amoucado. Chamaráselles terebintos da lexitimidade, plantío do Señor para mostrar a súa gloria.
Cando os sacerdotes entran alí non saen do santuario ó adro exterior, senón que deixan alí as vestiduras coas que oficiaron, pois son vestiduras santas. Han de vestir outras roupas para se achegaren ó lugar que lle corresponde ó pobo.
Non o escollín a el, de todas as tribos de Israel, para que fose o meu sacerdote, subise ó meu altar, queimase o meu incenso e levase o efod diante de min? A familia de teu pai concedinlle unha parte nas oblacións dos israelitas.