Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 8:3 - Biblia SEPT

3 e xunta a toda a comunidade diante da Tenda do Encontro".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 8:3
16 Iomraidhean Croise  

Reuniu, pois, David a todo Israel, desde o torrente de Exipto ata a entrada de Hamat, para traeren a arca de Deus de Quiriat—Iearim.


Reuniu David a todo Israel en Xerusalén para subir a arca de Iavé ó lugar que lle tiña disposto.


O mes de maio reuniuse en Xerusalén unha gran multitude para celebrar a festa dos Pans Azimos; foi unha asemblea numerosísima.


O rei, as autoridades e toda a comunidade de Xerusalén decidiron en consello celebrar a Pascua durante o mes de maio,


A alegría reinaba entre a comunidade de Xudá, entre os sacerdotes, os levitas, os que viñeran de Israel, os estranxeiros procedentes de Israel e os residentes en Xudá.


Entón congregou Salomón en Xerusalén a todos os anciáns de Israel e ós principais das casas paternas dos fillos de Israel, para facer subir a arca da alianza de Iavé desde a cidade de David, que é Sión.


O rei Salomón, con toda a comunidade de Israel que se reunira ó arredor del, sacrificaron ante el ovellas e bois en número tan grande que non se puideron contar.


Todo o pobo, coma un só home, xuntouse na praza que está diante da porta das Augas, e dixéronlle a Esdras, o escriba, que trouxese o libro da Lei de Moisés que o Señor tiña prescrito a Israel.


Pois El non despreza nin desdeña a aflición dos humildes; non lles esconde o seu rostro, e, cando piden axuda, El escoita.


O sacerdote, que fai a purificación, presentará todo isto, xunto co que se vai purificar, diante do Señor na entrada da Tenda do Encontro.


—"Chama a Aharón e a seus fillos con el e colle as roupas, o aceite da unción, o xato do sacrificio, os dous carneiros e o cesto dos pans sen fermento,


Fixo Moisés como lle mandara o Señor e convocou a comunidade diante da Tenda do Encontro, na entrada.


—"Colle a vara, e fai xuntar á comunidade, ti e Aharón, teu irmán; na presenza deles ordenarédeslle ó penedo que dea auga; farás manar para eles auga do penedo e daraslle de beber á comunidade e ó seu gando!"


E de alí foron a Beer. Aquí está o pozo ó que se refería o Señor, cando falou con Moisés: —"Xunta o pobo, e eu dareilles auga".


Farás que se aproximen os levitas diante da Tenda do Encontro, e alí congregarás a toda a comunidade dos fillos de Israel.


Cando se cumpriron os días de Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo sitio.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan