Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 8:12 - Biblia SEPT

12 Despois verteu aceite da unción sobre a cabeza de Aharón e unxiuno para consagralo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 8:12
9 Iomraidhean Croise  

É coma óleo recendente na cabeza que vai baixando pola barba —a barba de Aharón que lle cae ata a orla do vestido—;


Así é como vestirás a teu irmán Aharón e a seus fillos. Unxiralos e consagraralos, para que me sirvan como sacerdotes.


Despois collerás o óleo da unción, verterasllo na cabeza, e quedará unxido.


Unxirás a Aharón e a seus fillos, para que me queden consagrados na función de sacerdotes.


Non vos afastedes da entrada da Tenda do Encontro, e non morreredes, porque estades unxidos co óleo santo do Señor". E fixeron como lles mandara Moisés.


Se o que peca é o Sumo Sacerdote, o unxido —que, como tal, fai culpable ó pobo—, ofrecerá polo pecado cometido en prexuízo do pobo un xato de boi sen chata á honra do Señor.


Isto é o que mandou o Señor que lles dean os fillos de Israel ós sacerdotes no día da súa consagración, dereito perpetuo para todas as xeracións.


Moisés colleu do aceite da unción e do sangue pousado enriba do altar e asperxeu con el a Aharón e as súas roupas, ós seus fillos e as súas roupas, e consagrou a Aharón e os seus vestidos, xunto cos seus fillos e as súas roupas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan