Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 7:9 - Biblia SEPT

9 Calquera oblación asada no forno, fritida na tixola ou cocida na tarteira será só para o sacerdote oferente.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 7:9
12 Iomraidhean Croise  

O diñeiro dos sacrificios penitenciais e o dos sacrificios polo pecado non se entregaba para o templo: era para os sacerdotes.


Eles comerán da ofrenda e das vítimas dos sacrificios polo pecado e das vítimas dos sacrificios de expiación; e todo o que se consagra ó Señor en Israel será para eles.


O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto para o Señor.


Con isto o sacerdote expiará o pecado cometido dalgunha destas maneiras e quedaralle perdoado. O resto da ofrenda pertence ó sacerdote, como na oblación normal".


Toda ofrenda mesturada con aceite ou seca será para todos os fillos de Aharón: para cada un ou para toda a súa comunidade.


O coiro da vítima será soamente para o sacerdote que ofrece o holocausto.


Isto é o que che tocará a ti das cousas máis sagradas, fóra do que é queimado no lume: todas as ofrendas que me presenten nas súas diversas oblacións, nos seus sacrificios polo pecado e sacrificios polo delito: como cousa santísima, corresponderanche a ti e a teus fillos.


Non sabedes que os que celebran o culto viven do templo, e que os que serven no altar teñen parte nel?


Quen foi algún día á guerra gastando do seu? Quen planta unha viña e non come o seu froito? Quen coida un rabaño e non se alimenta do seu leite?


Cando un vaia á doutrina onda outro, faga parceiro dos seus bens ó que lla ensina.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan