Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 7:7 - Biblia SEPT

7 A mesma lei para o sacrificio de expiación será para o da reparación. A vítima pertencerá ó sacerdote que fai a expiación.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 7:7
11 Iomraidhean Croise  

Non se pedían contas ós homes ós que se encomendaba o diñeiro para pagar os capataces, pois eran xente de fiar.


O diñeiro dos sacrificios penitenciais e o dos sacrificios polo pecado non se entregaba para o templo: era para os sacerdotes.


Sacrificará o año no lugar en que se adoita facer a expiación e mais o holocausto, isto é, no lugar sagrado, porque tanto o sacrificio de purificación coma o de expiación, son cousas santísimas, e pertencen ó sacerdote.


O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto para o Señor.


O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto á honra do Señor.


Faloulle o Señor a Moisés:


O coiro da vítima será soamente para o sacerdote que ofrece o holocausto.


Se xa non houber un parente a quen restituír, o que se había de restituír ofrecerallo ó Señor, sendo para o sacerdote, e ademais ofrecerá o carneiro da expiación para conseguir a súa purificación.


Ollade para o Israel histórico: os que comen as vítimas non están en comuñón co altar?


Non sabedes que os que celebran o culto viven do templo, e que os que serven no altar teñen parte nel?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan