Logo Ezequías tomou a palabra e dixo: —"Agora quedades consagrados ó Señor. Achegádevos e ofrecede sacrificios de acción de grazas polo templo". A comunidade ofreceu sacrificios de acción de grazas e as persoas xenerosas holocaustos.
Restaurou o altar do Señor e inmolou sobre el sacrificios de comuñón e de acción de grazas. E ordenou que os xudeus desen culto ó Señor, Deus de Israel.
Tamén unha res do rabaño por cada duascentas reses do ben regado chan de Israel será para a ofrenda, para o holocausto, para o sacrificio de comuñón, para facer a expiación sobre eles —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.