Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 7:1 - Biblia SEPT

1 Este é o regulamento do sacrificio de reparación polo delito. É unha cousa sacrosanta.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 7:1
17 Iomraidhean Croise  

O levita Coré, fillo de Imnah, porteiro da Porta de Oriente, estaba encargado das ofrendas voluntarias e de administrar as ofrendas do Señor e os dons sacrosantos.


No vestíbulo desta porta había dúas mesas a un lado e dúas mesas ó outro, para sacrificar sobre elas as vítimas dos holocaustos e as vítimas dos sacrificios polos pecados e as ofensas.


Eles comerán da ofrenda e das vítimas dos sacrificios polo pecado e das vítimas dos sacrificios de expiación; e todo o que se consagra ó Señor en Israel será para eles.


Entón díxome: —Este é o local onde os sacerdotes farán ferver as vítimas dos sacrificios de expiación e dos sacrificios polo pecado, e onde cocerán no forno a ofrenda, para, deste xeito, non saíren ó adro exterior e non consagraren o pobo.


Poderá comer do alimento do seu Deus, das ofrendas santísimas e das santas;


Pero se nin sequera ten dúas rulas nin dous pombiños, ofrecerá, como oblación súa polo seu pecado, a décima parte dun efah de flor de fariña, sen lle botar aceite, nin lle pór incenso, por ser ofrenda polo pecado.


O Señor díxolle a Moisés:


—"Se alguén comete, sen se decatar, un pecado de fraude, diminuíndo algo das ofrendas consagradas ó Señor, presentará do seu gando miúdo, como reparación ó Señor, un carneiro sen chata; avaliarao en siclos de prata, conforme se adoita no santuario, como sacrificio de expiación.


Se non tivese nin sequera unha res de gando miúdo, ofrecerá a Iavé polo pecado cometido dúas rulas ou dous pombiños de pomba, un como expiación polo pecado e o outro como holocausto.


Presentarallos ó sacerdote e ofrecerá primeiro o da expiación polo pecado, retorcéndolle polo pescozo a cabeza sen lla arrincar.


Faloulle o Señor a Moisés:


Consagrará de novo ó Señor os días do seu voto de nazireo, e presentará un año dun ano para expiar pola culpa, e non lle valerán os días do voto xa pasados, porque foi contaminado o seu nazireato.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan