Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 6:2 - Biblia SEPT

2 —"Manda a Aharón e a seus fillos: Este é o regulamento do holocausto: a vítima arderá no lume do altar toda a noite, ata a mañá, mentres o lume do altar se mantén aceso.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 6:2
25 Iomraidhean Croise  

A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: —"É miña irmá". Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: —"Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca". Porque era moi bela.


lávame ben da miña iniquidade, límpame da miña culpa.


Non fagas sen máis de testemuña contra o teu veciño, gústache enganar coa boca?


é quen engana a un amigo e despois lle di: —"Estaba a chancear".


Así déuseme a coñecer unha visión cruel. O traidor está traizoando, o saqueador está saqueando: "Sube, Elam, asedia, Media, que xa acabei con toda a súa soberbia!"


Desde as beiras da terra oímos alegres cantares: Gloria ó Xusto! Pero eu pensei: "Pobre de min! Pobre de min! Ai de min! Os impíos seguen cometendo maldades; si, seguen cometéndoas!".


Ai saqueador, ti non es saqueado! Ai traidor, a quen non traizoan! Cando ti acabes de saquear, serás saqueado; cando remates de facer traizón, traizoarante a ti!


Devolven inxuria por inxuria, traizón por traizón, refugan recoñecerme a min —é o Señor quen fala—.


A sala que ten a súa fachada cara ó norte é para os sacerdotes que atenden o servizo do altar; eles, fillos de Sadoc, son os que de entre os fillos de Leví están cerca do Señor para o serviren.


Se a súa oblación fose holocausto de boi, deberá ser macho sen chata. Presentarao á porta da Tenda do Encontro e ofrecerao para que sexa aceptable na presenza do Señor,


Non roubaredes, nin negaredes o prestado, e que ninguén engane ó seu próximo.


—"Se alguén comete, sen se decatar, un pecado de fraude, diminuíndo algo das ofrendas consagradas ó Señor, presentará do seu gando miúdo, como reparación ó Señor, un carneiro sen chata; avaliarao en siclos de prata, conforme se adoita no santuario, como sacrificio de expiación.


É unha reparación, unha verdadeira reparación diante do Señor".


O Señor díxolle a Moisés:


vós que dicides: "cando pasará o festivo da lúa nova para vendermos o trigo e o sábado para fornecer o gran traficando ata co salvado, para minguar a medida, aumentar o prezo e defraudar con balanza falsa,


Os teus ollos son demasiado puros como para ver o mal, non podes contemplar a opresión. Por que contemplas os traidores, e quedas calado, cando o malvado devora a quen é máis xusto ca el?


Vós sodes de voso pai o Satán, e queredes realizar os desexos de voso pai. Este foi asasino desde o comezo e non afincou na verdade, que nel non hai verdade. Se fala falsidade, fala do seu, pois é mentireiro e pai da mentira.


Non eras libre de a venderes ou non? E vendida, non continuaba no teu poder? Como se che ocorreu faceres isto? Non enganaches os homes, enganaches a Deus.


Por iso rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo, porque somos membros uns dos outros.


Non mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos


Fóra quedarán os cans, os bruxos, os luxuriosos, os asasinos, os idólatras, e todo o que é amigo das mentiras e fai trampas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan