Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 5:9 - Biblia SEPT

9 Co sangue da vítima asperxerá as paredes do altar, e verterá o resto do sangue ó pé do altar. É unha expiación polo pecado.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 5:9
12 Iomraidhean Croise  

Por amor á súa xustiza, o Señor quere engrandecer e glorificar a súa lei.


O sacerdote presentará sobre o altar a vítima, arrincaralle a cabeza e queimaraa enriba do altar; despois espremeralle o sangue contra a parede do altar,


Sacrificará o xato diante do Señor e os sacerdotes, fillos de Aharón, ofrecerán o sangue, verténdoo arredor enriba do altar, que está á porta da Tenda do Encontro.


tinguirá con sangue as esquinas do altar, que está na Tenda do Encontro diante do Señor, e verterá todo o resto do sangue ó pé do altar dos holocaustos, que está no limiar da Tenda do Encontro.


O sacerdote collerá do sangue do animal e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos. O resto do sangue verterao ó pé do mesmo.


O sacerdote collerá do sangue da cabra e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos e o resto do sangue verterao ó pé do altar.


O sacerdote collerá do sangue, e cos seus dedos tinguirá con el as esquinas do altar do holocausto, e todo o sangue restante verterao ó pé do altar.


Tinguirá despois o sacerdote co sangue as esquinas do altar do incenso recendente, que está diante do Señor na Tenda do Encontro, e todo o resto do sangue da vítima verterao ó pé do altar dos holocaustos, situado no limiar da Tenda do Encontro.


No mesmo lugar no que se sacrifica a vítima do holocausto, terá que ser sacrificada a vítima polo delito, e o seu sangue será vertido arredor enriba do altar.


e diante de Xesús, mediador da Nova Alianza, e diante do sangue da aspersión, que clama máis forte có de Abel.


Efectivamente, conviña que Aquel para quen e por quen todo existe, se quería levar moitos fillos á gloria, levase á máxima perfección por medio do sufrimento o que ía ir á cabeza dos que se salvarían;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan