O sacerdote presentará sobre o altar a vítima, arrincaralle a cabeza e queimaraa enriba do altar; despois espremeralle o sangue contra a parede do altar,
quebraralle logo as ás, pero sen llas arrincar, e o sacerdote queimará a vítima no altar en riba da leña colocada sobre o lume. Será un holocausto de recendo para o Señor.
Tamén Cristo morreu unha vez polos vosos pecados, o xusto polos pecadores, para vos achegar a Deus; sufriu a morte na carne, pero recibiu vida no espírito.