7 Se non tivese nin sequera unha res de gando miúdo, ofrecerá a Iavé polo pecado cometido dúas rulas ou dous pombiños de pomba, un como expiación polo pecado e o outro como holocausto.
Pasados os días da súa purificación polo fillo ou pola filla, presentará á porta da Tenda do Encontro, como holocausto, un año dun ano e un pombiño ou unha rula, como oblación polo pecado. Darallos ó sacerdote,
Se a muller, porén, non tivese ovellas abondo, ofrecerá dúas rulas ou dous pombiños: un como holocausto e outro como vítima expiatoria. O sacerdote expiará por ela, e quedará purificada".
ofrecerá un como expiación polo pecado, e o outro como holocausto, amais da oblación. Deste xeito o sacerdote expiará diante do Señor polo que se vai purificar.
O sacerdote fará con un deles o sacrificio expiatorio e co outro o holocausto. Fará a expiación por ela diante do Señor, por causa da impureza do seu fluxo.
Pero se nin sequera ten dúas rulas nin dous pombiños, ofrecerá, como oblación súa polo seu pecado, a décima parte dun efah de flor de fariña, sen lle botar aceite, nin lle pór incenso, por ser ofrenda polo pecado.
Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Escollede un chibo para o sacrificio de expiación e un xovenco e un año dun ano, ambos sen chata para o holocausto.
O sacerdote fará o sacrificio con un deles polo pecado, e ofrecerá o outro en holocausto para expiar por el, para lle borrar a mancha contraída por se achegar ó cadáver. Quedará purificada a súa cabeza nese mesmo día.
Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata se pousar enriba del.