Aharón imporá as súas mans sobre a cabeza do chibo, confesando todas as prevaricacións e todas as iniquidades e todos os pecados dos fillos do Israel, cargándollos enriba da cabeza e despois mandarao, levado pola man dun home axeitado, para o deserto.