4 Se alguén, sen se decatar, fai un xuramento cos seus labios, sexa para mal ou para ben, dicindo as verbas coas que a xente adoita xurar, cando se decate, faise culpable.
Con isto o sacerdote expiará o pecado cometido dalgunha destas maneiras e quedaralle perdoado. O resto da ofrenda pertence ó sacerdote, como na oblación normal".
Non obstante, se o seu pai, ó chegar ó coñecemento dos votos e do compromiso, se opón, todos os seus votos e mais o compromiso non terán valor, e o Señor perdoaraa, porque seu pai se opuxo a isto.
Respondéronlle os homes: —"Vaia a nosa vida pola vosa!, sempre que non denunciedes o noso argallo, se, cando o Señor nos entregue o país, non temos contigo misericordia e lealdade".
pero nós non podemos darlles as nosas fillas como esposas (pois os fillos de Israel fixeran este xuramento: Sexa maldito quen lle dea unha muller ós de Benxamín)".
Pois ben, se procedestes con sinceridade e rectitude verbo de Ierubaal e da súa casa neste día, aledádevos por Abimélec, e que tamén el se alede por vós.
Daquela fixo este voto: —"Señor dos exércitos, se te fixas no acoramento da túa serva e lle dás un filliño, eu cedereillo ó Señor por todos os días da súa vida, e a navalla non tocará na súa cabeza".