e o día que entre no santuario, no adro interior para oficiar no santuario, ofrecerá un sacrificio de expiación polo seu pecado —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
O sacerdote examinará a chaga que aparece na pel do corpo. Se ve que afonda na carne e que o pelo do sitio da chaga branquexou, de seguro que é lepra. Os sacerdotes testemuñarán e declararano impuro.
Se alguén, sen se decatar, toca algo impuro, coma o cadáver dunha fera impura, ou o dun animal impuro, ou o dun réptil impuro, cando se decate diso, faise impuro e culpable.
Se alguén, sen se decatar, fai un xuramento cos seus labios, sexa para mal ou para ben, dicindo as verbas coas que a xente adoita xurar, cando se decate, faise culpable.
Quen toque algo impuro, ben de home, ben de animal, ben dalgún outro obxecto impuro, e coma da carne do sacrificio de comuñón ofrecido ó Señor, será exterminado do medio do seu pobo".