Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 5:2 - Biblia SEPT

2 Se alguén, sen se decatar, toca algo impuro, coma o cadáver dunha fera impura, ou o dun animal impuro, ou o dun réptil impuro, cando se decate diso, faise impuro e culpable.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 5:2
16 Iomraidhean Croise  

Aínda que o teu servo os quere cumprir e pon coidado en gardalos,


Apartade, apartade, saíde de aí, non toquedes cousa impura. Saíde do medio dela, mantédevos limpos, os que levades os vasos do Señor.


Serán abominables para vós, non probaredes a súa carne e teredes noxo dos seus cadáveres.


Non comeredes da súa carne nin tocaredes o seu cadáver: son impuros para vós.


Se quen peca é toda a comunidade de Israel, pero non se decata a comunidade de que fai algo que o Señor privou de facer,


Calquera que teña pecado, facendo, sen se decatar, algo que o Señor privou de facer, faise culpable ó coñecelo, e queda obrigado a expiar a súa culpa.


Igualmente se, sen se decatar, toca algunha impureza humana de calquera caste das impurezas que manchan, cando se decate, faise culpable.


Se alguén, sen se decatar, fai un xuramento cos seus labios, sexa para mal ou para ben, dicindo as verbas coas que a xente adoita xurar, cando se decate, faise culpable.


Quen toque algo impuro, ben de home, ben de animal, ben dalgún outro obxecto impuro, e coma da carne do sacrificio de comuñón ofrecido ó Señor, será exterminado do medio do seu pobo".


Logo Axeo díxolles: "Se unha persoa, impura por tocar un cadáver, toca calquera destas cousas, vólveas impuras?" Respondéronlle os sacerdotes: "Vólveas impuras".


Todo o que toque a quen é impuro, quedará impuro; e toda persoa que o toque a el, quedará impura ata a tarde".


Ai de vós, que sodes coma sepulcros que non se ven, e que a xente pisa sen se decatar!


Por iso di o Señor: saíde do medio desa xente, afastádevos, non toquedes o que é impuro, e eu acollereivos.


E o porco, aínda que ten o casco partido, pero non remoe, será impuro para vós. Non lle poderedes comer a carne, nin poderedes tocar o seu cadáver.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan