Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 5:1 - Biblia SEPT

1 Se unha persoa peca porque, citado con xuramento como testemuña de vista ou de oído, non declarou, cargará coa súa culpa.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 5:1
22 Iomraidhean Croise  

Pero o rei advertiuno: —"Cantas veces terei que facerche xurar que non me dirás senón a verdade no nome do Señor?"


Cando un home peque contra outro e se lle pida xuramento, se el vén a este santuario, para xurar diante do teu altar,


O rei dixo: —"Pero cantas veces terei que tomarche xuramento de que me dis só a verdade no nome do Señor?".


Non hai membro san no meu corpo por mor da túa indignación; non hai sosego para os meus ósos, por causa do meu pecado.


Pero se lle roubaron o animal á súa vista, terá que restituírllo ó seu dono.


Quen ten parte co ladrón odia a súa vida, pois escoita a maldición e non denuncia.


non sexa que, farto, renegue dicindo: —"Quen é ese, o Señor?"; ou que, empobrecido, roube, aldraxando o nome de Deus.


Polos traballos da súa vida verá a luz, alcanzará a sabedoría. O Xusto volverá xusto o seu Servo para o ben de moitos e as iniquidades destes el soportará.


Velaí o país cheo de adúlteros. Pola presenza dunha maldición o país está reseco, secan os pasteiros do deserto. Porque o seu xeito de comportarse é a maldade, e a súa forza é o que non existe.


O que peque será quen morrerá; o fillo non cargará coa iniquidade do pai, o pai non cargará coa iniquidade do fillo; sobre o xusto reverterá a súa xustiza, sobre o malvado reverterá a súa ruindade.


Pois, de certo, todas as vidas son miñas; o mesmo cá vida do pai, tamén a vida do fillo é miña; a persoa que peque, esa é a que morrerá.


Pero se non se lava nin baña o seu corpo, cargará coa súa culpa".


Quen coma dela, cargará coa súa iniquidade, por profanar unha cousa consagrada ó Señor: ese tal será exterminado do seu pobo.


O home que colla a súa irmá, filla de seu pai ou de súa nai, e vexa a súa nudez e ela vexa a nudez del, cometen unha ignominia: serán exterminados á vista dos seus conveciños; por descubrir a nudez da súa irmá, cargará coa súa perversidade.


—"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Calquera que peque, sen o saber, contra un mandamento de Iavé, facendo algo que El privou de facer, entón:


—"Se alguén comete, sen se decatar, un pecado de fraude, diminuíndo algo das ofrendas consagradas ó Señor, presentará do seu gando miúdo, como reparación ó Señor, un carneiro sen chata; avaliarao en siclos de prata, conforme se adoita no santuario, como sacrificio de expiación.


Calquera que teña pecado, facendo, sen se decatar, algo que o Señor privou de facer, faise culpable ó coñecelo, e queda obrigado a expiar a súa culpa.


Se alguén quixese comer carne da vítima do sacrificio de comuñón no terceiro día, non lle será aceptable a súa oblación, non se terá por válida: será rexeitada e quen coma dela cargará coa súa culpa.


Canto ó home que, estando impuro e non se encontrando de viaxe, non celebra a Pascua, deberá ser exterminado de entre seu pobo, por non ofrecer o seu sacrificio ó Señor no tempo indicado. Ese home cargará co seu pecado.


Pero Xesús calaba, e o sumo sacerdote dixo: Conxúrote polo Deus vivo que me digas se ti es o Mesías, o Fillo de Deus.


No seu corpo, el ofrendou os nosos pecados sobre a cruz, para que nós, mortos ó pecado, vivamos para a xustiza: curáronnos as súas chagas.


E díxolle á súa nai: —"Os mil cen siclos de prata que che foran roubados —e polos que ti comezaches a botar maldicións, que incluso as dixeches nos meus oídos—, velaquí que esa prata téñoa eu, collina eu". E dixo súa nai: —"Bendito sexas de Iavé, meu fillo!"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan