Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 4:7 - Biblia SEPT

7 Tinguirá despois o sacerdote co sangue as esquinas do altar do incenso recendente, que está diante do Señor na Tenda do Encontro, e todo o resto do sangue da vítima verterao ó pé do altar dos holocaustos, situado no limiar da Tenda do Encontro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 4:7
17 Iomraidhean Croise  

O Señor é Deus: El dános a luz. Ordenade festa con ramos ata á beira do altar.


Collerás un pouco do seu sangue e mollarás cos dedos os cornos do altar. O resto do sangue verteralo ó pé do altar.


Sacrificará o xato diante do Señor e os sacerdotes, fillos de Aharón, ofrecerán o sangue, verténdoo arredor enriba do altar, que está á porta da Tenda do Encontro.


Sairá de cara ó altar, que está diante do Señor, e fará a súa purificación: collerá do sangue do xovenco e do sangue do chibo, e verterao arredor nas esquinas do altar.


tinguirá con sangue as esquinas do altar, que está na Tenda do Encontro diante do Señor, e verterá todo o resto do sangue ó pé do altar dos holocaustos, que está no limiar da Tenda do Encontro.


O sacerdote collerá do sangue do animal e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos. O resto do sangue verterao ó pé do mesmo.


O sacerdote collerá do sangue da cabra e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos e o resto do sangue verterao ó pé do altar.


O sacerdote collerá do sangue, e cos seus dedos tinguirá con el as esquinas do altar do holocausto, e todo o sangue restante verterao ó pé do altar.


Co sangue da vítima asperxerá as paredes do altar, e verterá o resto do sangue ó pé do altar. É unha expiación polo pecado.


Moisés degolouno e, mollando os seus dedos no sangue, asperxeu con el as esquinas do altar arredor para purificalo; verteu o resto do sangue ó pé do altar para consagralo, facendo o rito de expiación por el.


Os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, e el, mollando os dedos nel, asperxeu os lados do altar e verteu o resto do sangue ó pé do altar.


Pero vós, que antes estabades lonxe, agora grazas a Cristo Xesús estades cerca, no sangue de Cristo.


Por iso é mediador dunha nova alianza, xa que morreu para redimir dos pecados cometidos baixo a primeira alianza, a fin de que os que están chamados á herdanza eterna, poidan recibir o cumprimento desta promesa.


Tamén asperxeu con sangue, de forma semellante, na tenda — santuario e mais en todos os utensilios do culto.


E cando abriu o quinto selo, vin baixo o altar as ánimas dos degolados por mor da palabra de Deus, e por gardaren ben o seu testemuño.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan