Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 4:6 - Biblia SEPT

6 Mollará o sacerdote os seus dedos no sangue e asperxerá con el sete veces de cara ó veo do santuario.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 4:6
22 Iomraidhean Croise  

Meteu a arca no tabernáculo e puxo o veo que tapaba a arca da alianza, conforme o Señor ordenara a Moisés.


Puxo tamén na Tenda do Encontro, por diante do veo, o altar de ouro


Mollará os dedos da súa man dereita no aceite que vertera na palma da súa man esquerda, e asperxerá sete veces diante do Señor co aceite dos dedos.


O resto do aceite que lle quede na palma da man, verterao o sacerdote sobre a cabeza do que se vai purificar. Deste xeito fará a expiación por el diante do Señor.


e cos dedos da man dereita mollados no aceite vertido na palma da man esquerda, asperxerá sete veces diante do Señor.


Hisopará sete veces ó que se quere purificar da lepra, e despois de o purificar, deixará voar ceibe o paxaro vivo polo aire do campo.


Despois collerá do sangue do xato, e cos seus dedos asperxerá por riba da tapa do propiciatorio de cara ó abrente, e diante do propiciatorio asperxerá sete veces o sangue cos seus dedos.


Asperxerá enriba del o sangue cos dedos sete veces, purificándoo e santificándoo das impurezas dos fillos de Israel.


Contarás sete semanas de anos, isto é, sete veces sete anos, que serán para ti unha semana de semanas de anos, é dicir, corenta e nove anos.


Se aínda despois de todo isto non me escoitades, engadirei sete veces máis para vos corrixir dos vosos pecados.


tamén eu me hei pór contra vós e vos hei castigar sete veces máis por causa dos vosos pecados.


heivos tratar con moita máis ira e heivos castigar sete veces máis polos vosos pecados.


mollará os seus dedos no sangue e asperxerá con el sete veces de cara ó veo,


O sacerdote collerá do sangue do animal e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos. O resto do sangue verterao ó pé do mesmo.


O sacerdote collerá do sangue da cabra e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos e o resto do sangue verterao ó pé do altar.


O sacerdote collerá do sangue, e cos seus dedos tinguirá con el as esquinas do altar do holocausto, e todo o sangue restante verterao ó pé do altar.


Asperxeu con el sete veces o altar e unxiuno xunto con todos os demais utensilios, e tamén a pía e mais o seu pé para consagralos.


Moisés degolouno e, mollando os seus dedos no sangue, asperxeu con el as esquinas do altar arredor para purificalo; verteu o resto do sangue ó pé do altar para consagralo, facendo o rito de expiación por el.


Os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, e el, mollando os dedos nel, asperxeu os lados do altar e verteu o resto do sangue ó pé do altar.


O sacerdote Elazar tomará sangue dela co seu dedo e asperxerá co sangue sete veces en dirección á parte anterior da Tenda do Encontro.


Sete sacerdotes levarán sete trompetas de corno de carneiro, diante da Arca. O sétimo día circundaredes a vila sete veces, e os sacerdotes tocarán as trompetas.


Logo que Xosué falou ó pobo, os sete sacerdotes que levaban sete trompetas de carneiro pasaron diante do Señor e sopraron nas trompetas e a Arca da Alianza do Señor ía detrás deles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan