Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 4:12 - Biblia SEPT

12 todo o resto do becerro será levado fóra do campamento a un lugar puro, onde se botan as cinsas: alí será queimado enriba da leña. O becerro será queimado no mesmo lugar onde se botan as cinsas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 4:12
16 Iomraidhean Croise  

A carne do xovenco, a súa pel e as súas tripas, queimaralas no lume, fóra do campamento, coma sacrificio polo pecado.


Collerás o becerro do sacrificio de expiación e queimaralo no lugar do templo axeitado para isto, fóra do santuario.


Todo o tempo que lle dure a chaga será considerado impuro, porque o é, e vivirá arredado, fóra do campamento da súa morada.


O xovenco e mais o chibo do sacrificio expiatorio, dos que se introducira o sangue no santuario, para a expiación, serán levados fóra do campamento e queimaranse no lume o coiro, carne e excrementos.


Levará o xato fóra do campamento e queimarao, como queimaran o xato anterior, como sacrificio de expiación polo pecado da comunidade.


A vítima do sacrificio expiatorio, da que se leva o sangue á Tenda do Encontro para facer a expiación no santuario, non se comerá, terá que ser queimada toda no lume.


Espirá a roupa que leva, e vestirá outra; despois levará as cinsas fóra do campamento a un lugar puro.


Queimou o xovenco enteiro: coiro, carne, e excrementos, fóra do campamento, como o Señor llo mandara facer a Moisés.


A carne e o coiro queimounos no lume fóra do campamento.


E o Señor díxolle a Moisés: —"Ese home debe morrer; que o apedre toda a asemblea fóra do campamento".


Entregarédela ó sacerdote Elazar, que a levará fóra do campamento, e será inmolada na súa presenza.


Logo fará queimar a vaca diante dos seus ollos; a pel dela, a súa carne e o seu sangue xunto co seu excremento, será todo queimado.


Sexa home ou muller, botádeos fóra do campamento, para que non contaminen o lugar onde moro eu no medio deles".


Porque o mesmo que se queiman fóra do campamento os cadáveres dos animais dos que os sacerdotes levan o sangue dentro do Santuario para faceren a expiación polos pecados,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan