1 O Señor díxolle a Moisés:
Esta é a maneira como Aharón terá que entrar no santuario: Ofrecerá un xovenco para o sacrificio expiatorio, e un carneiro para o holocausto.
Estatuto perpetuo por todas as xeracións vosas onde queira que habitedes: endexamais probaredes bocado de graxa, nin sangue".
Se quen peca é toda a comunidade de Israel, pero non se decata a comunidade de que fai algo que o Señor privou de facer,
—"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Calquera que peque, sen o saber, contra un mandamento de Iavé, facendo algo que El privou de facer, entón:
Achegouse ó altar Aharón, e sacrificou o xovenco, como expiación polo seu propio pecado.