Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 3:9 - Biblia SEPT

9 Da vítima do sacrificio de comuñón quitará para ser queimada en honor do Señor o lardo todo, o rabo enteiro, cortado a rentes da espiña, as graxas que envolven as entrañas e todo o unto dos intestinos,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 3:9
15 Iomraidhean Croise  

Logo puxeron no seu sitio a arca do Señor meténdoa dentro da tenda que David lle preparara. Despois ofreceu David holocaustos e sacrificios de comuñón diante do Señor.


Espertou Salomón e viu que tivera un soño. Volveu para Xerusalén e presentouse diante da Arca da Alianza do Señor. Ofreceu holocaustos e sacrificios de comuñón, e convidou ó banquete a todos os seus servidores.


Salomón ofreceu, no seu sacrificio de comuñón en honor do Señor, vinte e dous mil bois e cento vinte mil ovellas. Así foi como o rei e todo Israel dedicaron o templo do Señor.


Aquel mesmo día consagrou o rei o adro interior, que está diante do templo do Señor. Alí ofreceu os holocaustos, as oblacións e a graxa dos sacrificios de comuñón, pois o altar de bronce que estaba ante o Señor era pequeno de máis para que coubesen nel os holocaustos, as oblacións e a graxa dos sacrificios de comuñón.


Traída a arca de Deus, puxérona no medio da tenda que David levantara para ela, e ofreceron holocaustos e sacrificios de comuñón ante Deus.


Do carneiro collerás logo o sebo, o rabo, o sebo que cobre as entrañas, o lóbulo do fígado, os dous riles co sebo que os envolve e a perna dereita, porque este é o carneiro da investidura.


Meu fillo, préstame atención, que os teus ollos aproben os meus camiños,


O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento: Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado. Pero el verá descendencia, alongará os seus días e por medio del cumprirase a salvación do Señor.


Por iso os israelitas han de levar as vítimas que adoitan ofrecer no campo, presentalas ó sacerdote á entrada da Tenda do Encontro, e ofrendalas ó Señor como sacrificio de comuñón.


Despois ofrecerase toda a súa graxa, o rabo, o unto que envolve as entrañas,


Recolleu logo as partes gordas, isto é, o rabo, o unto, que envolve as entrañas, a graxa que envurulla o intestino e o fígado, os dous riles coa súa graxa e o pernil dereito de diante.


A graxa do boi e do carneiro, o rabo, o unto que envurulla as entrañas, os riles e a graxa do fígado


O total dos animais para o sacrificio de comuñón foi de vinte e catro xovencos, sesenta carneiros, sesenta chibos gordos, e sesenta años dun ano. Todo isto con motivo da dedicación do altar despois da súa consagración.


Baixa a Guilgal antes ca min; logo baixarei eu, para ofrecer holocaustos e sacrificios de comuñón. Agarda alí sete días a que eu chegue e che diga o que has facer".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan