Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 3:8 - Biblia SEPT

8 imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificaraa diante da porta da Tenda do Encontro. Os fillos de Aharón asperxerán co sangue o altar por riba e arredor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 3:8
17 Iomraidhean Croise  

Todos nós coma rabaño andabamos perdidos, cada un polo seu camiño. Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.


Sacrificarao no lado norte do altar diante do Señor, e os sacerdotes, fillos de Aharón, verterán o sangue arredor enriba do altar.


impondo a súa man sobre a cabeza da vítima, para que sexa do agrado do Señor e lle sirva de expiación.


Sacrificará o xato diante do Señor e os sacerdotes, fillos de Aharón, ofrecerán o sangue, verténdoo arredor enriba do altar, que está á porta da Tenda do Encontro.


imporá a súa man sobre a cabeza da vítima, sacrificaraa diante da Tenda do Encontro, e os fillos de Aharón asperxerán co sangue da vítima por riba do altar e arredor.


Os patrucios da comunidade imporán as súas mans sobre a cabeza do xato diante do Señor, e sacrificarano diante do Señor.


Imporá a súa man sobre a cabeza do chibo, e sacrificarao no lugar adoitado para matar as vítimas do holocausto diante do Señor, pois é un sacrificio expiatorio.


Levará o xato diante do Señor á porta da Tenda do Encontro, imporá a súa man sobre a cabeza do becerro, e sacrificarao alí diante do Señor.


E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.


Pois Deus estaba en Cristo reconciliando o mundo consigo, non levando conta dos delitos dos homes e poñendo en nós a mensaxe da reconciliación.


A aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós, grazas a el, nos volvésemos nel xustiza de Deus.


porque por el temos uns e outros acceso ó Pai, nun mesmo Espírito.


Grazas a El temos a liberdade de acceso confiado, pola fe nel.


No seu corpo, el ofrendou os nosos pecados sobre a cruz, para que nós, mortos ó pecado, vivamos para a xustiza: curáronnos as súas chagas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan