Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 3:2 - Biblia SEPT

2 Imporá a súa man sobre a cabeza da súa vítima e sacrificaraa no limiar da Tenda do Encontro. Os sacerdotes, fillos de Aharón, asperxerán co sangue por enriba do altar e arredor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 3:2
23 Iomraidhean Croise  

Farás traer o xovenco diante da Tenda do Encontro, e Aharón e os seus fillos poranlle as mans na cabeza.


Logo degolaralo diante do Señor, á entrada da Tenda do Encontro.


Despois collerás un dos carneiros, e Aharón e os seus fillos imporán as mans na súa cabeza.


De seguido, degolaralo, tomarás o seu sangue e asperxerás con el o altar ó redor.


Collerás despois o outro carneiro, e Aharón e os seus fillos imporanlle as mans na cabeza.


Todos nós coma rabaño andabamos perdidos, cada un polo seu camiño. Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.


Sacrificarao no lado norte do altar diante do Señor, e os sacerdotes, fillos de Aharón, verterán o sangue arredor enriba do altar.


todo israelita que mate un boi, un año ou unha cabra no campamento ou fóra do campamento,


sen o presentar antes na entrada da Tenda do Encontro, para o ofrecer en sacrificio ó Señor diante do seu tabernáculo, seralle imputado como delito de sangue por ter vertido sangue. Ese home será exterminado do medio do seu pobo.


Da vítima do sacrificio de comuñón ofrecerá en holocausto para o Señor o unto que envolve as entrañas e todas as graxas que envurullan o intestino,


imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificaraa diante da porta da Tenda do Encontro. Os fillos de Aharón asperxerán co sangue o altar por riba e arredor.


Mandou traer o segundo carneiro, o do sacrificio da consagración, e Aharón e mais os seus fillos impuxéronlle as súas mans sobre a cabeza.


Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.


Pero non rescatarar o primeiro froito dunha vaca, o primeiro nacido dunha ovella ou o primeiro nacido dunha cabra: son cousa sagrada. O seu sangue derramaralo sobre o altar, e farás arder a súa graxa en ofrenda de aroma agradable ó Señor.


mentres que matastes ó dono da vida, a quen Deus resucitou de entre os mortos; disto nós somos testemuñas.


Deus, resucitando ó seu servo, mándavolo primeiro a vós para que vos bendiga, se vos arredades cada un das vosas ruindades.


A aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós, grazas a el, nos volvésemos nel xustiza de Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan