Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 3:16 - Biblia SEPT

16 O sacerdote queimará todo enriba do altar como holocausto de todas as graxas, recendo para o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 3:16
19 Iomraidhean Croise  

O Señor miraba con bos ollos para Abel e para a súa ofrenda,


Houbo moitos holocaustos, ademais da graxa dos sacrificios de comuñón e das libacións dos holocaustos. Así restableceuse o culto do templo.


Salomón consagrou o adro interior que hai diante do templo, ofrecendo alí os holocaustos e a graxa dos sacrificios da comuñón, pois no altar de bronce que fixo Salomón non cabían os holocaustos, a ofrenda e a graxa.


Sacaraslle o sebo que envolve as entrañas, o que cobre o fígado, os dous riles co sebo que os envolve, e queimaralo todo no altar.


Do carneiro collerás logo o sebo, o rabo, o sebo que cobre as entrañas, o lóbulo do fígado, os dous riles co sebo que os envolve e a perna dereita, porque este é o carneiro da investidura.


O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento: Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado. Pero el verá descendencia, alongará os seus días e por medio del cumprirase a salvación do Señor.


Os sacerdotes levíticos, fillos de Sadoc, que respectaron os preceptos cúlticos do meu santuario, cando os fillos de Israel se afastaban lonxe de min, só eles se achegarán a min para me dar culto, e estarán de pé diante de min para me ofrecer graxa e mais sangue —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


O sacerdote asperxerá co sangue o altar do Señor, que está á entrada da Tenda do Encontro e fará queimar a graxa como aroma agradable para o Señor.


Despois queimará todas as graxas no altar, como fixera co unto do sacrificio de comuñón. Desta maneira expiará o sacerdote polo seu pecado, e seralle perdoado.


Separará toda a súa graxa, como fora separada a graxa do sacrificio de comuñón, e queimaraa o sacerdote no altar como recendo para o Señor. O sacerdote expiará por el, e seralle perdoado.


Recolleu logo as partes gordas, isto é, o rabo, o unto, que envolve as entrañas, a graxa que envurulla o intestino e o fígado, os dous riles coa súa graxa e o pernil dereito de diante.


Xurdiu lume da presenza do Señor e devorou sobre o altar as graxas e o holocausto, á vista de todo o pobo; entón reloucaron e prosternáronse rostro en terra.


El respondeulle: "Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan