Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 3:11 - Biblia SEPT

11 O sacerdote queimará todo no altar, como holocausto de recendo para o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 3:11
17 Iomraidhean Croise  

Abren a boca cara a min leóns que devoran e brúan.


Pois trouxestes estranxeiros, xentes sen circuncidar nin na carne nin no corazón, para que estivesen no meu santuario, para que profanasen a miña mesma casa; ofrecéstesme a miña comida, graxa e sangue, ó mesmo tempo que rompiades a miña alianza con todas as vosas abominacións.


—"Fálalle a Aharón e dille: Ninguén da túa xente nas vindeiras xeracións, que teña algunha eiva, se poderá aproximar para ofrecer o alimento do seu Deus:


Serán santos para o seu Deus, non profanando o seu nome, porque son eles os que presentan sacrificios de holocausto ó Señor, alimento do seu Deus: deberán ser santos.


E ti recoñeceralo como santo, pois ofrece o alimento do teu Deus: será para ti santo, porque santo son eu, que vos santifico.


Non ofreceredes, como alimento do voso Deus, ningunha vítima recollida da man dun forasteiro, se están cheas de defectos e tachas: non vos serían aceptables para ben voso".


O sacerdote queimará todo enriba do altar como holocausto de todas as graxas, recendo para o Señor.


Os fillos de Aharón queimarán todo isto enriba do altar, xunto coa oblación que se pon enriba da leña, colocada sobre o lume, como holocausto de recendo para o Señor.


Pero vós profanastes o meu Nome ó dicirdes: "A mesa do Señor está lixosa e a súa comida é desprezable".


O presentardes sobre o meu altar ofrendas lixosas, dicides: "En que te lixamos a ti?" Cando dicides: "a mesa do Señor é desprezable",


—"Ordénalles ós fillos de Israel: Coidaredes de me ofrecer ó seu tempo a miña ofrenda, o manxar debido, como sacrificio de grato recendo ó ser queimado.


Faredes isto cada un dos sete días: é un alimento, sacrificio con lume de grato aroma para o Señor. Farase coa súa libación, ademais do holocausto perpetuo.


Aquel que non aforrou a seu propio Fillo senón que o entregou por todos nós, como non nos vai regalar todo xunto con El?


Non podedes beber a copa do Señor e a copa dos demos. Non podedes participar na mesa do Señor e na mesa dos demos.


Mira que hai tempo que estou a petar na túa porta. Se alguén escoita a miña voz e abre a porta, eu entraría cabo del e cearía con el e el comigo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan