edificou alí un altar a Iavé e ofreceulle holocaustos e sacrificios de comuñón. Invocou a Iavé, e o Señor respondeulle co lume que do ceo descendeu sobre o altar do holocausto.
Faime un altar de terra e ofréceme sobre el os holocaustos e os sacrificios de comuñón, as túas ovellas e as túas vacas. En calquera sitio onde eu faga o meu nome memorable, virei onda ti e bendicireite.
Esta será, por lei perpetua, a ración de Aharón e dos seus fillos, de parte dos israelitas. É a ofrenda que os israelitas ofreceron ó Señor en sacrificio de comuñón.
O pasaren estes días, o día oitavo e os seguintes, os sacerdotes farán sobre o altar os vosos holocaustos e mais os vosos sacrificios de reconciliación e eu aceptaréivolos benevolamente —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
Tamén unha res do rabaño por cada duascentas reses do ben regado chan de Israel será para a ofrenda, para o holocausto, para o sacrificio de comuñón, para facer a expiación sobre eles —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
Se a súa oblación fose holocausto de boi, deberá ser macho sen chata. Presentarao á porta da Tenda do Encontro e ofrecerao para que sexa aceptable na presenza do Señor,
Por iso os israelitas han de levar as vítimas que adoitan ofrecer no campo, presentalas ó sacerdote á entrada da Tenda do Encontro, e ofrendalas ó Señor como sacrificio de comuñón.
Sacrificou tamén o boi e mais o carneiro para o sacrificio de comuñón do pobo, e os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, que el verteu arredor encima do altar.
Un boi e un carneiro para o sacrificio de comuñón, que sacrificaredes diante do Señor, a máis dunha oblación adobada con aceite. Hoxe de seguro hásevos aparecer o Señor".
Maldito sexa o tramposo, que ten no seu rabaño un macho, pero cando fai voto, ofrécelle en sacrificio ó seu Señor algo desprezable. Pois eu son o grande Rei —fala o Señor dos Exércitos—, e o meu Nome é temible entre os pobos.
e entón ofrecedes un animal cego para sacrificar: non está isto mal? Ofrecedes animal coxo e animal enfermo: non está nada mal? Preséntallo ó teu gobernador. Sentirase agasallado da túa parte ou mostrarache o seu favor? —fala o Señor dos Exércitos—.
e ofrecerá a súa ofrenda ó Señor: un año dun ano sen defecto, que se queimará en holocausto, e unha aña dun ano, tamén sen defecto para a expiación dos seus pecados, e un carneiro sen mancha para o sacrificio de comuñón;
Has de facer os teus holocaustos —carne e sangue— sobre o altar do Señor teu Deus; o sangue do teu sacrificio hase de verter sobre o altar do Señor, o teu Deus, mentres que a carne has comela.
manteñámonos con criterios sans na súa presenza con plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con auga limpa,
iso que temos visto e oído agora tamén volo anunciamos a vós, para que tamén vós teñades parte connosco; pois compartir connosco é compartir co Pai e co seu Fillo Xesús Cristo.
E rubiron todos os fillos de Israel —o pobo enteiro—, chegaron a Betel, choraron diante do Señor, e xaxuaron aquel día ata o serán; ofreceron holocaustos e sacrificios pacíficos diante de Iavé.