Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 27:3 - Biblia SEPT

3 A valoración será a seguinte: se o voto é por un varón que ten entre vinte e sesenta anos de idade, o prezo será de cincuenta siclos de prata dos do santuario;

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 27:3
10 Iomraidhean Croise  

Mais os altares dos outeiros non desapareceron, e a xente seguía ofrecendo neles sacrificios e incenso.


Cada persoa rexistrada pagará medio siclo, segundo o peso do siclo do santuario que é de vinte óbolos; medio siclo será o voso tributo para o Señor.


A suma do ouro empregado na construción do santuario, todo levado en ofrenda, foi de vinte e nove talentos, con setecentos trinta siclos, segundo o siclo do templo.


Se alguén fai ofrenda da súa casa ó Señor, o sacerdote fixará o seu valor, moito ou pouco. O valor que lle poña, será considerado xusto.


Toda valoración se fará conforme o valor do siclo do santuario, cada siclo vale vinte óbolos.


se é por unha muller da mesma idade, o prezo será de trinta siclos.


—"Se alguén comete, sen se decatar, un pecado de fraude, diminuíndo algo das ofrendas consagradas ó Señor, presentará do seu gando miúdo, como reparación ó Señor, un carneiro sen chata; avaliarao en siclos de prata, conforme se adoita no santuario, como sacrificio de expiación.


O lume do altar arderá decote, sen apagarse nunca.


Canto ó seu rescate, será desde a idade dun mes, e conforme a túa valoración: cinco siclos de prata, conforme o siclo do Santuario, que vale vinte óbolos cada un.


recibirás, por cada un, cinco siclos, do valor dos siclos de santuario, de vinte óbolos cada siclo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan