Ioax faloulles ós sacerdotes: —"O diñeiro ofrendado ó templo do Señor, o diñeiro que traia cada persoa, o diñeiro pagado polo censo e o que cadaquén queira traer voluntariamente ó templo do Señor,
Se un home fai un voto ó Señor ou se compromete baixo xuramento, uníndose por unha obrigación, non faltará á súa palabra; obrará conforme a todo o que prometeu.
Vixía o que sae dos teus labios, para o poñeres en práctica tal como llo prometiches ao Señor, o teu Deus, en ofrenda espontánea, que pronunciaches coa túa boca.
E, ó remate dos dous meses, volveu onda seu pai e este cumpriu con ela o voto que fixera (sen que ela chegase a intimar con varón). E fíxose costume en Israel
Daquela fixo este voto: —"Señor dos exércitos, se te fixas no acoramento da túa serva e lle dás un filliño, eu cedereillo ó Señor por todos os días da súa vida, e a navalla non tocará na súa cabeza".