Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 26:9 - Biblia SEPT

9 Volverei os meus ollos cara a vós, fareivos prosperar e inzar, e confirmarei a miña alianza convosco.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 26:9
31 Iomraidhean Croise  

E bendiciunos así: —"Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra".


En canto a Ismael, tamén te escoitarei. Bendicireino, dareille fecundidade e fareino crecer moito. Xerará doce príncipes e convertereino nun gran pobo.


bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos.


Farei crecer os teus descendentes como as estrelas do ceo, dareilles toda esta terra e por eles chamaranse benditas as nacións todas do mundo;


Os teus descendentes serán tantos coma o po. Estenderanse cara ó occidente e cara ó oriente, cara ó norte e cara ó sur. En ti e nos teus descendentes veranse benditos os pobos todos da terra.


O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.


Díxome: Eu fareite fecundo, multiplicareite, trocareite nunha asemblea de pobos. Os teus descendentes dareilles esta terra en posesión duradeira.


Pero contigo establezo unha alianza. Ti entra na arca cos teus fillos, coa túa muller e coas mulleres de teus fillos.


O teu servo atópase no medio deste pobo escollido por ti, un pobo grande e numeroso, que non se pode contar nin estimar.


Pero o Señor compadeceuse e tivo misericordia, e volveuse en favor deles, por mor do pacto que fixera con Abraham, Isaac e Xacob, e ata hoxe non consentiu en entregalos nin en botalos da súa presenza.


Eu respondinlles, dicindo: —"É o Deus dos ceos, El mesmo, o que nos dará o éxito. Nós, os seus servos, levantarémonos e construiremos. Para vosoutros non haberá parte ningunha, nin dereito nin recordo en Xerusalén".


Multiplicaches os seus fillos como as estrelas do ceo e fixéchelos entrar no país que lles prometeras ós seus pais tomar en posesión.


Dálles as bendicións, e van a máis e as súas facendas non minguan.


—"Penso que o teu amor está fundado co mundo, a túa fidelidade asentada cos ceos".


os israelitas medraron, propagáronse, creceron, fixéronse moi fortes, enchían o país.


fixouse nos israelitas, recoñeceu os seus sufrimentos.


Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.


Baixade o oído e vinde onda min, facédeme caso e revivirán as vosas ilusións, pois pactarei convosco unha alianza eterna, os beneficios de David que se manteñen firmes.


Eu xuntarei o resto das miñas ovellas, traéndoo de todos os países a onde as esparexín, e fareinas volver ós seus pasteiros, onde criarán e se multiplicarán.


Para elas constituirei pastores que as apacenten, de xeito que xa non volvan ter medo, nin se espanten, nin se perda ningunha —é o Señor quen fala—.


Chámame e respondereiche, e mostrareiche cousas grandes e inaccesibles: ti non as coñeces.


Porque eu manterei a miña alianza contigo, e ti recoñecerás que eu son o Señor,


Pois sabede que eu vou cara a vós e me volvo cara a vós: seredes traballados e seredes sementados.


se non facedes caso dos meus estatutos e detestades os meus preceptos non os cumprindo e faltando á alianza que me xurastes,


que tería misericordia dos nosos pais, tendo presente a súa Santa Alianza,


O Señor concederache ter bens de abondo: froitos do teu ventre, froitos do teu gando e froitos da túa terra, cando esteas na terra que o Señor lles xurou a teus pais que cha daría.


Benia o froito do teu ventre, o froito da túa terra e o froito do teu gando, o parto das túas vacas e as crías das túas ovellas.


El quererate, bendicirate e multiplicarate, e tamén bendicirá o froito do teu ventre e o froito da túa terra, o teu trigo, o teu mosto e o teu aceite, as crías das túas vacas e as camadas do teu rabaño sobre a terra, da que lles xurou ós teus pais que cha daría.


non coma a alianza que fixen con seus pais, cando os collín pola man, para os sacar de Exipto: porque eles non permaneceron fieis á miña alianza, e tamén eu me desentendín deles, di o Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan