Velaquí os nomes dos valentes que seguiron a David: Iaxobam, fillo de Hacmoní, primeiro da terna, que brandiu a súa lanza contra trescentos homes que derrotou dunha vez.
No día aquel o Señor protexerá ó que rexe en Xerusalén. Aquel día o que máis cambalee de entre eles será coma David, e a casa de David será coma divina, igual có Anxo do Señor á fronte deles.
Pero non vos rebeledes contra o Señor nin temades a xente do país, pois podemos devoralo coma pan; a súa protección apartouse deles, e o Señor está connosco. Non lles teñades medo!"
Os teus inimigos, que contra ti se levanten, converteraos o Señor en derrotados na túa presenza: por un só vieiro saíron contra ti e por sete vieiros escaparán.
Como un home pode perseguir a mil e como dous homes fan fuxir a dez mil, se non é que o seu Penedo llelos vende e se non é que o Señor llelos entrega atados?