Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 26:7 - Biblia SEPT

7 Perseguiredes os vosos inimigos, que caerán a fío da espada diante de vós.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 26:7
13 Iomraidhean Croise  

e os fillos de Amón, cando viron que os sirios fuxiran, puxéronse tamén en fuga diante de Abixaí, irmán de Ioab, e encerráronse na cidade. Ioab volveu a Xerusalén.


Abateríalle nun intre os inimigos, volvería a miña man contra os opresores.


Os que sobrevivan de vós, fareinos tan medrosos no país dos seus inimigos onde moraren, que fuxirán co ruído dunha folla, correndo coma quen escapa da espada, e caerán sen que ninguén vaia tras eles.


Eu porei paz no voso país, durmiredes sen medo e arredarei de onda vós toda caste de terror. Afastarei da vosa terra toda fera nociva e non pasará a espada polo voso país.


Cinco de vós perseguirán a cen, e cen de vós farán fuxir a milleiros, e os vosos inimigos caerán a fío da espada diante de vós.


Os teus inimigos, que contra ti se levanten, converteraos o Señor en derrotados na túa presenza: por un só vieiro saíron contra ti e por sete vieiros escaparán.


Como un home pode perseguir a mil e como dous homes fan fuxir a dez mil, se non é que o seu Penedo llelos vende e se non é que o Señor llelos entrega atados?


Cada un de vós pode escorrentar a un milleiro, pois o Señor, o voso Deus, loita da vosa parte a carón de vós, tal como vos prometeu.


E atopou unha queixada de burro fresca, e, alongando a man, colleuna e escangallou con ela a mil homes.


E Barac perseguiu os carros e o exército ata Haróxet dos Xentís, e caeu todo o exército de Sísera polo gume da espada: non quedou sequera un.


E xuntáronse os israelitas de Naftalí, de Axer e de todo Menaxés, e perseguiron ós madianitas.


Ionatán subiu, agatuñando coas mans e cos pés, e o escudeiro detrás del. Os filisteos que caían diante de Ionatán rematábaos detrás o escudeiro.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan