6 Eu porei paz no voso país, durmiredes sen medo e arredarei de onda vós toda caste de terror. Afastarei da vosa terra toda fera nociva e non pasará a espada polo voso país.
El volveuse para atrás, mirounos e maldiciunos no nome do Señor. Entón saíron dous osos da carballeira e esnaquizaron a corenta e dous de entre os rapaces.
Velaí que che nacerá un fillo, que será home de paz e a quen eu darei paz, librándoo de todos os seus inimigos do arredor. O seu nome será Salomón, nos seus días eu concederei paz e tranquilidade a Israel.
Alí haberá unha calzada, unha verea, e á calzada chamaráselle Vía Sacra. Nada impuro pasará por ela: o mesmo Señor camiñará con eles, e os homes non se desviarán.
E ti, meu servidor Xacob, non teñas medo —é o Señor quen fala— Israel, non te sintas abatido. Mira que te vou traer a salvo desde terras remotas, e vou traer a salvo a túa descendencia desde o país do seu desterro. Volverá Xacob e vivirá tranquilo, estará ó seguro e non haberá quen o atemorice.
Ou se non, se eu soltase feras salvaxes nesa cidade deixándoa sen fillos, volveríase unha desolación por falta de quen pasase por ela a causa das feras;
Velaí o Señor Iavé, que fala así: Aínda que eu mande contra Xerusalén os meus catro terribles castigos: a espada, a fame, as feras salvaxes e mais a peste para eliminar dela homes e animais,
Pactarei con eles unha alianza de paz, e farei desaparecer do país os animais feroces, para que poidan vivir con tranquilidade no deserto, e adormecer na foresta.
As árbores do campo darán froito e a terra dará a súa colleita; estarán na súa terriña con tranquilidade. Entón recoñecerán que eu son o Señor, cando rompa os cancís do seu xugo e os libre do poder dos que os están escravizando.
Mandarei contra vós fame e animais salvaxes: deixarante sen fillos, pois a peste e mais o sangue pasarán por ti, e mandarei a espada contra ti. Eu, o Señor, son quen o di.
No día aquel farei unha alianza en favor deles, cos animais salvaxes, cos paxaros do ceo e cos réptiles do chan: romperei o arco e a espada e mais a guerra, arredándoos do país, e fareinos durmir na tranquilidade.
Farei vir contra vós unha espada vingadora da miña alianza. Teimaredes por vos refuxiar nas vosas cidades, pero heivos mandar unha peste e caeredes nas mans dos vosos inimigos;
o resto de Israel. Non farán maldades nin dirán mentiras; non se atopará na súa boca lingua mentireira. Si, eles pacerán e deitaranse sen que ninguén os espante.
O esplendor deste segundo templo será maior có do primeiro —fala o Señor dos Exércitos—, e neste santuario eu concederei a fartura" —é o Señor dos Exércitos quen fala—.
Eu acabarei cos carros de Efraím e cos cabalos de Xerusalén, acabarase o arco de guerra e El anunciará a paz ás nacións, reinará desde un mar a outro mar, desde o Éufrates ós confíns da terra.
A noite antes de que Herodes o presentase diante do pobo, estaba Pedro durmindo entre dous soldados, ligado con dúas cadeas, e unhas sentinelas facían a garda diante da porta da prisión.