Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 26:5 - Biblia SEPT

5 As mallas durarán ata a vendima, e a vendima xuntarase coa sementeira: comeredes a fartar e viviredes en seguranza na vosa terra.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 26:5
26 Iomraidhean Croise  

Que os nosos hórreos se enchan e ateiguen de froitos. Que os nosos rabaños crezan por millares nos campos


Pregaria de Moisés, home de Deus. Señor, ti fuches o noso agarimo, ó longo das xeracións.


E Moisés díxolles aínda: —"Esta noite daravos o Señor carne que comer e pola mañá pan a fartar, pois escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós? Non murmurastes contra nós, senón contra o Señor".


mais quen me escoita morará ben seguro, tranquilo, sen temor do mal".


O nome do Señor é forte torre: acóllese nel o xusto, e acouga seguro.


Se vos convertedes e facedes caso, comeredes do mellor da terra.


Entón daralle a chuvia para a sementeira que sementaches na túa terra, e o gran, produto da túa terra, será abundante e gordo. No día aquel o teu rabaño pacerá en pasteiros anchos,


Desde os seus días Xudá vivirá a salvo, e Israel vivirá en paz. O título que se lle dará será este: "O Señor é a nosa xustiza".


E o día aquel —é o Señor quen fala— chamarasme "Meu marido", e non me volverás chamar "Baal Meu Dono"


No día aquel farei unha alianza en favor deles, cos animais salvaxes, cos paxaros do ceo e cos réptiles do chan: romperei o arco e a espada e mais a guerra, arredándoos do país, e fareinos durmir na tranquilidade.


Respondeu o Señor dicíndolle ó seu pobo: "Velaí: vouvos mandar o trigo, o mosto e mais o aceite novo para que vos fartedes de todo iso, e non vos volverei entregar para servir de burla entre os pobos alleos,


Non teñades medo, feras do campo, que agroman os pasteiros da estepa. Si, as árbores dan o seu froito, e a figueira e mais a vide agroman con forza.


Si, comeredes ata fartarvos, e loaredes o Nome do Señor, o voso Deus, que actuou convosco facendo milagres, deste xeito o meu pobo non se avergonzará endexamais.


Velaquí veñen os días —oráculo de Iavé— nos que o arador enlazará co segador e o que pisa a uva con quen sementa, e os montes destilarán mosto e todos os outeiros se derreterán.


Xerusalén, Xerusalén, que matas os profetas e apedras os que che son enviados! Cantas veces quixen aconchegar os teus fillos, como a galiña aconchega os seus pitiños baixo as súas ás, e non quixeches!


pero nin por iso deixou de dar testemuño de si coa súa regalía, dándovos desde o ceo chuvias e estacións frutíferas, enchendo de mantenza e de alegría os vosos corazóns.


porei herba nos teus campos para o teu gando, e ti comerás ata fartar.


Os ricos deste mundo mándalles que non sexan fachendosos, nin poñan a esperanza na riqueza incerta, senón en Deus, que nos dá para gozar de todas as cousas con gran abundancia.


grazas á fe que vós tedes, estades protexidos polo poder de Deus en vistas á salvación que está para se manifestar, no intre final.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan