44 Así e todo, mesmo cando estean eles en país inimigo, non os rexeitarei, nin terei noxo deles para os facer desaparecer, rompendo a miña alianza con eles, porque eu son o Señor, o seu Deus.
Pero o Señor compadeceuse e tivo misericordia, e volveuse en favor deles, por mor do pacto que fixera con Abraham, Isaac e Xacob, e ata hoxe non consentiu en entregalos nin en botalos da súa presenza.
Non quixeron oír nin recordar os prodixios que fixeras polo seu ben. Empeñáronse testanamente en volveren á escravitude de Exipto. Mais ti, Deus do perdón, clemente e compasivo, cheo de paciencia e misericordioso, non os abandonaches,
—Así fala o Señor, Deus de Israel: Igual que estes figos son bos, así tamén eu me preocuparei dos desterrados de Xudá, que botei deste lugar á terra dos caldeos.
Atende: eu estou contigo —é o Señor quen fala— para terte a salvo. Provocarei a destrución entre todos os pobos, a onde te dispersei, pero a ti non te destruirei: soamente che farei aprender con castigos o que é xusto, sen deixar nada sen corrección.
Non é Efraím para min o fillo tan estimado, non é o fillo do meu contentamento? Cantas veces falo contra el, outras tantas o teño que relembrar, por iso conmóvense as miñas entrañas por el, teño que compadecerme del —é o Señor quen fala—.
Así non rexeito a descendencia de Xacob e de David, o meu servidor, nin deixarei de coller dela os xefes para a descendencia de Abraham, Isaac e Xacob. Certo, eu rescatarei a súa catividade e compadecereime desta descendencia.
non rexeitou Deus ó seu pobo, o pobo que El escolleu. Ou é que non sabedes o que di a Escritura na historia de Elías? Como interpela a Deus en contra de Israel:
E subiu o anxo do Señor desde Guilgal ata Boquim e dixo: —"Saqueivos de Exipto e fíxenvos entrar na terra que prometera a vosos pais; e dixen: endexamais romperei a alianza que fixen convosco.