Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 26:42 - Biblia SEPT

42 Recordarei a miña alianza con Xacob, con Isaac e con Abraham, e lembrareime tamén da terra.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 26:42
26 Iomraidhean Croise  

Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: —"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates,


O Señor aparecéuselle e díxolle: —"Non baixes a Exipto. Asenta na terra que eu che mostrarei.


Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".


todo porque Abraham me obedeceu, gardou a miña lei, os meus preceptos e as miñas instrucións".


Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.


Eu estarei contigo, gardareite onde queira que te atopes e traereite outra vez a este país. Non te abandonarei, namentres non cumpra o que che teño prometido".


Deus engadiu: —"Eu son o Deus todopoderoso. Ti reprodúcete e medra. De ti sairá un pobo, ou unha chea de pobos, e reis nacerán das túas entrañas.


A terra que eu lle dei a Abraham e a Isaac, doucha tamén a ti e daréillela ós teus descendentes".


lembrarei a miña alianza convosco e con todos os seres vivos, e non haberá máis augas de diluvio que destrúan a vida.


Aparecerá o arco nas nubes e, ó velo, lembrarei a alianza perpetua entre Deus e todos os seres vivos".


Lembraba a alianza en favor deles e, no seu amor, compadecíase.


No noso abatemento acórdase de nós, porque o seu amor é eterno,


Deus escoitou o seu pranto, lembrou o seu pacto con Abraham, con Isaac e con Xacob,


Estou escoitando as queixas dos israelitas que os exipcios asoballan; teño en conta o meu pacto.


Certo, o Señor terá compaixón de Xacob, volverá escoller Xerusalén e faraos descansar na súa terra. Estranxeiros xuntaranse con eles, e asociaranse coa casa de Xacob.


Pero eu lembrareime da miña alianza, do sinal que che dei desde os días da túa mocidade, e manterei contigo unha alianza eterna.


Entón ó Señor entráronlle celos do seu país, e perdoou ó seu pobo.


que tería misericordia dos nosos pais, tendo presente a súa Santa Alianza,


pois o Señor, o teu Deus, é un Deus compasivo: non te abandonará nin te destruirá nin esquecerá a Alianza que con xuramentos lles prometeu a teus pais.


Lémbrate dos teus servos: de Abraham, de Isaac e de Xacob; non olles para a obstinación deste pobo, nin para a súa ruindade, nin para o seu pecado,


E subiu o anxo do Señor desde Guilgal ata Boquim e dixo: —"Saqueivos de Exipto e fíxenvos entrar na terra que prometera a vosos pais; e dixen: endexamais romperei a alianza que fixen convosco.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan