Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 26:4 - Biblia SEPT

4 heivos mandar as chuvias no seu tempo, a terra havos de dar as súas colleitas e as árbores do campo os seus froitos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 26:4
31 Iomraidhean Croise  

Elías o texbita, de Tixbé de Galaad, díxolle a Acab: —"Pola vida do Señor, Deus de Israel, a quen sirvo! Non caerá orballo nin chuvia estes anos, se eu non o mando".


quen bota a chuvia sobre a face da terra e envía as augas sobre os terróns;


Desde a túa morada regas as montañas, do froito das túas obras fártase a terra.


Lóente, Deus, os pobos, lóente os pobos todos.


O agro dá os seus froitos, bendinos o noso Deus.


A terra tremeu e os ceos destilaron, diante do Deus do Sinaí, diante do Deus de Israel.


Na terra xermolará a fidelidade, a xustiza ollará desde o ceo.


O mesmo Señor dará os bens, a nosa terra dará os froitos.


Entón daralle a chuvia para a sementeira que sementaches na túa terra, e o gran, produto da túa terra, será abundante e gordo. No día aquel o teu rabaño pacerá en pasteiros anchos,


Convertereina nun ermo, non se podará nin cavará; o cardo e mais a silveira medrarán nela; ós mesmos trebóns mandareilles que non chovan sobre ela.


Acaso hai entre os deuses inútiles dos pagáns algún que poida dar a chuvia? Acaso é o ceo quen dá as chuvias benfeitoras? Acaso non es ti, o Señor, noso Deus? En ti poñemos a nosa esperanza, pois ti sempre nos deches todo isto.


Farei que abunden os froitos das árbores e os produtos dos campos, para que non volvades recibir de parte das nacións o desprezo de pasar fame.


Non teñades medo, feras do campo, que agroman os pasteiros da estepa. Si, as árbores dan o seu froito, e a figueira e mais a vide agroman con forza.


A terra daravos o seu froito, para que comades a fartar e para que habitedes nela en paz.


eu heivos mandar as miñas bendicións no ano sexto, e a terra havos dar unha colleita de abondo para tres anos.


"Velaí a sementeira da fartura: a viña dará o seu froito, a terra, o seu produto; e o ceo o seu orballo; darei en herdanza todo isto ó resto deste pobo.


Así seredes fillos de voso Pai que está no ceo, que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos.


pero nin por iso deixou de dar testemuño de si coa súa regalía, dándovos desde o ceo chuvias e estacións frutíferas, enchendo de mantenza e de alegría os vosos corazóns.


Se lles facedes de verdade caso ós meus mandamentos, os que eu vos mando hoxe, amando o Señor, voso Deus, e servíndoo con toda a vosa intención e con todo o voso ser,


eu mandarei ao seu tempo a chuvia da vosa terra, a chuvia do outono e a chuvia da primavera: recollerás o teu trigo, o teu mosto e o teu aceite;


O Señor abrirá no teu favor o seu precioso tesouro do ceo, mandando ao seu tempo a chuvia que precisa o teu país e bendicindo calquera obra da túa man de xeito que ti lles prestes a populosas nacións, mentres que ti non terás preciso de pedir prestado.


Tede, logo, paciencia, irmáns, deica a volta do Señor. Reparade en como o labrego coa esperanza posta nos preciosos froitos da terra agarda con paciencia as augas temperás e as serodias.


Eles teñen poder para pechar o ceo, de xeito que non chova durante os días do seu profetizar. Teñen poder de converter a auga en sangue e de castigar a terra con calquera tipo de praga cantas veces queiran.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan