21 E se me seguides facendo a contra e non me queredes escoitar, engadirei a todo isto sete veces máis para vos corrixir dos vosos pecados.
Págalles sete veces ós veciños o oprobio, Señor, con que te aldraxan.
Pois desta botarei todas as pragas enriba de ti, dos teus ministros, do teu pobo, para que saibas que non hai ninguén coma min en toda a terra.
Por isto arde a ira do Señor contra o seu pobo e estende a súa man para bater nel. Tremen os montes, e os seus cadáveres son carnaza no medio das rúas. Pero con todo isto non acouga a súa ira e a súa man segue aínda estendida.
—Fillo de Adam, profetiza e di: Así fala o Señor: —Unha espada, unha espada afiada e para máis brunida!
Se aínda despois de todo isto non me escoitades, engadirei sete veces máis para vos corrixir dos vosos pecados.
E se aínda con estas cousas non escarmentades e me seguides resistindo,
tamén eu me hei pór contra vós e vos hei castigar sete veces máis por causa dos vosos pecados.
E se aínda con isto non me escoitades e seguides levándome a contra coa vosa conduta,
Logo vin outro grande e admirable sinal no ceo: sete anxos coas sete pragas; as derradeiras, pois a ira de Deus chega con elas ó cabo.