Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 26:16 - Biblia SEPT

16 eu farei o mesmo convosco tamén e mandarei contra vós o espanto, a febre e a peste, que ensumirá os vosos ollos, e doenzas que vos acabarán coa vida. Faredes en balde a vosa sementeira, pois os vosos inimigos comerán os froitos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 26:16
35 Iomraidhean Croise  

Cando haxa fame no país, cando haxa peste, pragas, fungos, lagostas, saltóns, ou se o inimigo cerca ó teu pobo nunha das súas cidades, ou en calquera outra calamidade e enfermidade,


O seu arredor espántano os terrores, escorréntano a cada paso.


A frecha sáelle polas costas, a punta da lanza polo fel; asáltano os terrores.


se sementei, que outro detrás o coma! que arrinquen de raíz os meus xermolos!


Apurra contra el a un malvado, que teña á súa dereita un acusador.


Como son destruídos nun instante; sucumben e perecen de espanto!


El reduciu a súa vida a un sopro, os seus anos a un suspiro.


Díxolles: —"Se obedecedes ó Señor, o voso Deus, se facedes o que é debido, se cumprides os seus mandamentos e gardades as súas leis, non botarei sobre vós as pragas que botei sobre os exipcios, pois eu son o Señor que cura".


A maldición do Señor cae sobre o casal do impío, pero bendí a morada dos xustos.


Non! Teredes que axeonllarvos entre os prisioneiros e caeredes entre os asasinados. Con todo isto non se muda a súa ira, e a súa man está aínda estendida.


O Señor xurou pola súa destra e polo seu poderoso brazo: "Certo que os fillos do estranxeiro non beberán o teu viño novo polo que ti te fatigaches,


Daquela chegou a noticia á descendencia de David nestes termos: "Os sirios están acampados en Efraím"; estremeceuse o seu corazón e mais o corazón do seu pobo, o mesmo que se estremecen as árbores do souto en presenza do vento.


Sementaron trigo e recolleron cardos, cansaron e non sacan proveito, avergónzanse da colleita: amoreouse o furor da ira do Señor.


Póñolles de verdugos para eles catro tipos de castigo —é o Señor quen fala—: A espada para matar, os cans para arrastrar polo chan, os paxaros do ceo e os animais de debaixo da terra para devorar e destruír.


Multipliquei as súas viúvas máis cá area do mar, fixen vir sobre eles a débeda de súa nai, o soldado que destrúe ó mediodía. Fixen caer de repente sobre elas a súa débeda, o pavor e mais o terror.


Así fala o Señor: "Olla que eu te constitúo en terror para ti e para todos os teus amigos, que caerán debaixo da espada dos seus inimigos e os teus ollos hano de ver, e entregarei a todo Xudá no poder do rei de Babilonia, que os levará cativos a Babilonia e os matará a espada.


Comerán as túas colleitas e o teu pan, devorarán os teus fillos e as túas fillas, comerán as túas ovellas e as túas vacas, comerán as túas viñas e as túas figueiras, arrasarán coa espada as túas cidades inexpugnables, nas que ti pos tanta confianza.


Seguiredes cos turbantes nas vosas cabezas e coas sandalias nos vosos pés; non faredes dó nin choraredes, consumirédesvos por culpa das vosas iniquidades, e lamentarédesvos cada un polo seu irmán.


—Oe ti, fillo de Adam, dille á Casa de Israel: Así vindes dicindo: "Velaí, as nosas rebeldías e os nosos pecados están contra nós, e con eles estámonos consumindo: como poderemos seguir vivindo?"


por iso: Xa que esmagades os foros do pobre e lle esixides tributos de trigo, se construístes pazos de perpiaño non os habitaredes, se plantastes viñas farturentas non beberedes do seu viño.


Sementarás, pero non recollerás. Pisarás as olivas, pero non te perfumarás co aceite; pisarás as uvas, pero non beberás o viño.


Sementastes para recollerdes abundantemente, pero recollestes pouco, comestes sen fartarvos, bebestes sen saciarvos do licor, vestístesvos sen sentirdes calor con iso, e o xornaleiro recibiu o xornal en saco roto".


Este será o castigo con que o Señor castigará a todas as nacións que combateron contra Xerusalén: facerlles podrecer a carne, que teñan que aguantar sobre os seus pés, que os ollos lles podrezan nas covas, que a súa lingua lles podreza na boca.


Vede: eu rompereivos o brazo e tirarei bosta contra as vosas caras, a bosta das vosas festas. Seredes tirados na bosta.


Comerá o froito do teu gando e o froito da túa terra, ata que ti desaparezas, porque non che deixará trigo, nin mosto, nin aceite novo, nin os partos das túas vacas, nin as crías do teu rabaño ata facerte desaparecer.


Por fóra, a espada deixaraos sen fillos; e, por dentro das casas, o terror. Berros dos mozos! Berros das mozas! Berro de meniño que mama, xunto co home encanecido!


Terrible ten que ser caer nas mans do Deus vivo.


E chegou un anxo do Señor e sentouse debaixo da aciñeira que hai en Ofrah, que é de Ioax o de Abiezer; e Guideón —o seu fillo—, estaba batendo o gran de trigo no lagar, ás escondidas dos madianitas.


Non arrincarei todos os teus de onda o meu altar, mentres non se ensuman os teus ollos e o teu espírito esmoreza; pero os máis da túa familia morrerán pola man dos homes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan