13 Eu son o Señor, o voso Deus, que vos saquei do país de Exipto, para vos liberar da escravitude, rompendo as cordas do voso xugo, e fíxenvos camiñar coa fronte ergueita.
pois o puxen na man dos que te aflixiron, dos que che dixeron a ti mesmo: Tómbate para que pasemos, pon o teu lombo como a terra, como a rúa para os que pasen".
Fíxate: desde antigo rompiches o teu xugo e fixeches saltar as túas piogas, e dixeches: "nunca máis serei servo". Velaquí que sobre todo monte alto, e baixo toda árbore frondosa, ándaste agachando para dáreste á prostitución.
Tamén traerei eu a este lugar —é o Señor quen fala— a Ieconías, rei de Xudá, fillo de Ioaquim e todos os cativos de Xudá levados a Babilonia, xa que romperei o xugo do rei de Babilonia.
En Tafnes deterase o día, cando eu rompa alí os cetros de Exipto, e se acabe nela o orgullo do seu poderío. A ela cubriraa unha nube, e as súas fillas irán á catividade.
As árbores do campo darán froito e a terra dará a súa colleita; estarán na súa terriña con tranquilidade. Entón recoñecerán que eu son o Señor, cando rompa os cancís do seu xugo e os libre do poder dos que os están escravizando.
Coas cordas das miñas mans acollinos, con brazos de amor, e fun para eles coma quen lles levanta o xugo do pescozo, ligueinos a min e dáballes de comer.