Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 26:12 - Biblia SEPT

12 Andarei entre vós, serei o voso Deus e vós seredes o meu pobo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 26:12
33 Iomraidhean Croise  

Establezo a miña alianza, alianza perpetua, contigo e cos teus descendentes, polas xeracións vindeiras. Eu serei o teu Deus e o dos teus descendentes.


Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán. Eu serei o teu Deus".


Oíron ó Señor Deus camiñar polo xardín ó aire do día, e acocháronse os dous entre as árbores.


Andou o camiño con Deus. Despois de lle nacer Metuxalén viviu aínda trescentos anos, e tivo outros fillos e fillas.


Andou o camiño con Deus, e logo desapareceu, porque Deus o levou.


Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus.


E en todo o tempo que andei cos israelitas, faleille, acaso, a algún dos xuíces de Israel, ós que mandei que alindasen o meu pobo, de que me edificasen unha casa de cedro?


—"Escoita, meu pobo, que che falo, Israel, que vou declarar contra ti. Eu son Deus, o teu Deus.


Habitarei no medio de Israel e serei o seu Deus.


E eles recoñecerán que eu son o Señor, o seu Deus, que os saquei de Exipto e que habito no medio deles. Eu o Señor, o seu Deus.


E engadiu: —"Eu son o Deus de teu pai, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob". Moisés tapou a cara, polo medo de ver a Deus.


Tomareivos coma meu pobo e eu serei o voso Deus. Saberedes que eu son Iavé, o voso Deus, o que vos tirou de debaixo da carga dos exipcios.


Velaí, Deus é a miña salvación, terei confianza, e non medo. El é a miña forza, por isto loareino. Si, o Señor é a miña salvación".


Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite, collinte coa miña destra vitoriosa.


que eu mandei a vosos pais, o día en que os saquei do país de Exipto, dun forno de fundir ferro, dicíndolles: "Facédelle caso á miña voz, e poñede por obra o que vos indico; conforme a todo o que vos mandei: así seredes para min o meu pobo, e eu serei para vós o voso Deus".


E deste xeito volveredes ser para min o meu pobo, e eu serei para vós o voso Deus.


Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.


Eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus.


senón que foi este o precepto que lles impuxen: "Escoitade a miña voz: Eu serei o voso Deus, e vós seredes o meu pobo; camiñade polo vieiro que vos mando, para que vos vaia ben".


para que se comporten conforme os meus preceptos, garden os meus mandamentos e os cumpran; eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus.


Coma os rabaños do templo, coma os rabaños de Xerusalén na súa asemblea pola festa, así as cidades arruinadas estarán cheas de rabaños humanos. Entón recoñecerán que eu son o Señor.


Entón recoñeceredes que eu estou no medio de Israel. Si, eu, o Señor, o voso Deus, e ninguén máis ca min, e o meu pobo non se avergonzará endexamais.


A ese terzo fareino pasar polo lume e acrisolareino como se acrisola a prata e probareino como se proba o ouro. El invocará o meu nome e eu escoitareino; direille "ti es o meu pobo" e el dirame "Iavé meu Deus".


Sexa home ou muller, botádeos fóra do campamento, para que non contaminen o lugar onde moro eu no medio deles".


Eu son o Deus de Abraham, o Deus de Isaac, o Deus de Xacob? Ben, pois El non é Deus dos mortos, senón dos vivos.


Que consenso pode haber entre o templo de Deus e mais os ídolos? Nós somos templo de Deus vivo; así o dixo Deus: hei vivir e camiñar con eles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.


Co teu equipamento terás unha estaca, e cando vaias anicarte para defecar, cavarás con ela, anicaraste e logo taparás o teu excremento,


pois o Señor, o teu Deus, anda camiñando polo medio do teu campamento, para salvarte e para entregarche á túa disposición os teus inimigos. Por isto o teu campamento estará consagrado, de xeito que o Señor non vexa en ti cousa de que avergoñarse, e non deixe de seguir estando detrás de ti.


Pero máis ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se avergonza de que o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.


Ó anxo da Igrexa de Éfeso escríbelle: Isto di quen apreixa coa súa dereita as sete estrelas, quen pasea entre os sete candelabros de ouro.


O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el o seu Deus e el será para min o meu fillo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan