E en todo o tempo que andei cos israelitas, faleille, acaso, a algún dos xuíces de Israel, ós que mandei que alindasen o meu pobo, de que me edificasen unha casa de cedro?
(Zain) Profanou o Señor o seu altar, desprezou o seu santuario, abandonou no poder do inimigo as paredes dos pazos de Xudá. Lanzouse un berro no templo do Señor coma nun día de lamentación.
Non vos comportedes de acordo cos costumes da xente que eu vou exterminar de diante de vós, porque estou farto deles por teren cometido todas estas cousas.
Pero antes a terra estará abandonada deles e desquitarase dos seus sábados, cando a teñan que deixar erma. Así expiarán eles as súas culpas, porque desprezaron os meus mandatos e non fixeron caso dos meus decretos.
Así e todo, mesmo cando estean eles en país inimigo, non os rexeitarei, nin terei noxo deles para os facer desaparecer, rompendo a miña alianza con eles, porque eu son o Señor, o seu Deus.
No caso de que consideredes impura a terra da vosa herdanza, pasádevos á terra da herdanza do Señor, onde mora o seu tabernáculo, e tomade posesión no medio de nós; pero non vos arrepoñades contra o Señor e contra nós: non vos rebeledes facéndovos un altar a maiores do altar do Señor, o noso Deus.
E dixo Pinhás —o fillo de Elazar o sacerdote— ós fillos de Rubén, ós fillos de Gad e ós fillos de Menaxés: —"Agora sabemos que o Señor está no medio noso, pois non cometestes tal deslealdade contra El, librando así ós fillos de Israel da man do Señor".
E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: "Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro.