1 Non vos fabricaredes deuses, nin esculturas, nin imaxes, nin levantaredes estatuas de pedra. Na vosa terra non as levantaredes para as adorar, pois eu son o Señor, o voso Deus.
Deixaron os mandamentos do Señor, seu Deus, e fixéronse ídolos de metal fundido, dous becerros e unha estela; axeonlláronse perante todo o exército dos astros e déronlle culto a Baal.
expulsaredes de diante de vós a todos os habitantes do país; destruiredes todas as súas pedras esculpidas e todas as súas estatuas de metal fundido, e derrubaredes todos os seus altares.
Así que, sendo da liñaxe de Deus, non debemos pensar que a divindade sexa semellante ó ouro, á prata ou á pedra, traballados pola maña e a imaxinación do home.
Maldito sexa o home que faga un ídolo e unha imaxe de fundición —abominación para o Señor, obra das mans dun artista— e o poña en lugar escondido. E todo o pobo collerá a palabra e dirá: Amén.
E os fillos de Dan erixiron o ídolo que tiñan; e Ionatán —fillo de Guerxom, o fillo de Menaxés— e mais seus fillos, foron sacerdotes da tribo de Dan ata o día do exilio do país.