9 Pertencerán a Aharón e ós seus fillos. Só eles o poderán comer no santuario, porque son cousa sagrada, recollida das ofrendas presentadas ó Señor e perténcelles a eles por dereito perpetuo".
Aharón e os seus fillos colocarana na Tenda do Encontro, por fóra do veo que tapa o testemuño, para que brille diante do Señor, desde a noite á mañá. Esta é lei perpetua para todas as xeracións de Israel.
Moisés díxolles a Aharón e a Elazar e Itamar, seus fillos superviventes: "Collede o que resta das oblacións do Señor, que non se queimou, e comédeo sen levedar ó pé do altar, porque é unha cousa sacrosanta.
"Por que non comestes a oblación expiatoria no lugar sagrado, pois é cousa sacrosanta, que vos dei eu para que arrincásedes a culpa da comunidade, expiando por ela diante do Señor?
Poderana comer soamente todos os fillos varóns de Aharón. É un estatuto perpetuo para a vosa posteridade, acerca das oblacións que se lle deben queimar ó Señor. Calquera que as toque quedará consagrado".
Moisés díxolles a Aharón e ós seus fillos: —"Cocede a carne na entrada da Tenda do Encontro e comédea alí mesmo co pan do cesto da consagración, de acordo coa orde que se me deu, dicindo: Soamente a poderán comer Aharón e os seus fillos.
No tempo do Sumo Sacerdote Abiatar entrou na casa de Deus e comeu o pan ofrecido pan que só podían comer os sacerdotes e repartiu incluso cos seus compañeiros.
Entrou na casa de Deus e colleu o pan das ofrendas, comeu el e deulles ós seus acompañantes, iso que non lles estaba permitido comelos a eles, senón só ós sacerdotes.
David díxolle ó sacerdote: —"Non. As mulleres estannos prohibidas, coma sempre que saímos de batida. Os corpos dos meus homes están limpos. Mesmo se esta saída é ordinaria, os homes hoxe están limpos".