Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos; levarás nos teus labios a lei do Señor, que te sacou de Exipto con man forte.
Despois porás as dúas pedras nas ombreiras do efod, para lembranza das tribos de Israel. Aharón levará sobre os ombreiros os nomes dos israelitas, para lembranza diante do Señor.
Non me trouxeches as reses para os teus holocaustos, nin me honraches cos teus sacrificios, aínda que non te obriguei a darme culto coa ofrenda, nin te carguei coa obriga do incenso.
Deberállela presentar ós sacerdotes, fillos de Aharón. O sacerdote collerá dela unha presa da súa flor de fariña, parte do seu aceite e todo o incenso, e queimarao sobre o altar aceso, como lembranza de recendo para Iavé.
Cheo de medo, e mirando fixo para el, respondeu: Que é, Señor? O anxo respondeulle: As túas oracións e as túas esmolas subiron diante de Deus e tenas presentes;