Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 24:5 - Biblia SEPT

5 Collerás flor de fariña, e farás doce bolos de dúas décimas cada un,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 24:5
18 Iomraidhean Croise  

Colleu doce pedras, conforme o número das tribos de Xacob, a quen Deus lle dixera que se chamaría Israel;


o pan da proposición, a flor da fariña para as ofrendas, as tortas de pan asmo, as filloas fritidas na tixola e as cocidas, e todas as medidas de capacidade e lonxitude.


e algúns de seus irmáns de entre os quehatitas tiñan ó seu cargo preparar todos os sábados os pans da proposición.


ofrecen ó Señor holocaustos matutinos e vespertinos e perfumes recendentes, presentan os pans sobre a mesa pura e acenden todas as tardes o candelabro de ouro e as súas lámpadas, porque nós observamos as prescricións do Señor, o noso Deus, a quen vós abandonastes.


Prometemos ademais dar un terzo de siclo ó ano para o culto do templo do noso Deus,


para o pan da presentación, para a ofrenda perpetua, para o holocausto perpetuo, os sábados, comezos de mes, festas, para as cousas consagradas, para os sacrificios de expiación dos pecados de Israel e para toda obra da casa do noso Deus.


Encima da mesa porás os pans presentados, que estarán sempre diante de min.


A mesa cos seus accesorios e mais os pans presentados;


Dispuxo enriba dela os pans presentados ó Señor, como o Señor lle mandara a Moisés.


Meterás tamén a mesa e disporás o que hai que pór enriba dela. Colocarás o candelabro e acenderás as súas lámpadas.


Cubrirán a mesa da proposición cun pano de púrpura violeta e pousarán por riba as fontes, os pratos, as cuncas e as copas de libacións; e o pan perpetuo.


Entrou na casa de Deus e comeu pan do ofrecido, cousa que non lle estaba permitida a el nin ós seus acompañantes, senón só ós sacerdotes.


promesa que as doce tribos esperan acadar servindo decote a Deus, noite e día. Por esa esperanza, maxestade, acúsanme os xudeus!


De feito, construíuse unha tenda — santuario, a primeira, onde estaban o candelabro, a mesa e mais os pans ofrendados; chámase o Santo.


Santiago, o servidor de Deus e do Señor Xesús Cristo, saúda as doce tribos que están na emigración.


David díxolle ó sacerdote: —"Non. As mulleres estannos prohibidas, coma sempre que saímos de batida. Os corpos dos meus homes están limpos. Mesmo se esta saída é ordinaria, os homes hoxe están limpos".


O sacerdote deulle o pan consagrado, xa que non había alí outro pan, fóra dos pans da presentación, que foran retirados da presenza do Señor, para por os quentes do día.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan