Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 24:4 - Biblia SEPT

4 Disporás as candeas no candelabro de ouro puro, e alumarán decote diante do Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 24:4
19 Iomraidhean Croise  

os candelabros de ouro puro, cinco á dereita e cinco á esquerda, diante do camarín; e, por parte, as flores, as lámpadas e as pinzas de ouro,


Así mesmo, o peso dos candeeiros de ouro e as súas lámpadas de ouro, e para os candeeiros de prata, segundo o peso de cada candeeiro e das súas lámpadas, conforme ó servizo de cada candeeiro;


Por se fose pouco, pecharon as portas da nave, apagaron as lámpadas e deixaron de queimar incenso e de ofrecer holocaustos no santuario do Deus de Israel.


A mesa cos seus accesorios, o candelabro de ouro cos seus trebellos, o altar do incenso,


o candelabro de ouro puro coas súas lámpadas, cos seus trebellos e co aceite do alumado;


O xefe da garda tamén colleu as barreñas, os braseiros, os caldeiros para as aspersións, e as bandexas das ofrendas, tanto de ouro coma de prata.


Aharón colocarao pola banda de fóra do veo da Tenda do testemuño, e arderá decote desde a tarde ata a mañá diante do Señor. É lei perpetua para todas as vosas xeracións.


Tiñan ó seu cargo o coidado da Arca, da mesa, do candelabro, dos altares e demais utensilios sagrados do culto, da cortina e de todo o que se precisa no seu servizo.


Entón collerán o pano de púrpura violeta e envolverán o candelabro do alumado e as súas lámpadas, as súas tenaces e pinzas e todos os demais vasos de aceite, dos que se usan no servizo do candelabro.


—"Dille a Aharón: Cando teñas montadas as lámpadas, as sete lámpadas deben alumar de cara á parte dianteira do candelabro".


De feito, construíuse unha tenda — santuario, a primeira, onde estaban o candelabro, a mesa e mais os pans ofrendados; chámase o Santo.


O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.


Estas son as dúas oliveiras e os dous candelabros, que están ergueitos diante do Señor do mundo.


Acórdate de onde caíches: arrepíntete e ponte a facer as obras de antes. Porque che vou vir cambiar o teu candelabro de sitio, caso de non te arrepentires.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan