Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 23:3 - Biblia SEPT

3 Durante seis días faredes os vosos traballos. No día sétimo gardaredes repouso total, teredes asemblea sagrada: non faredes ningún traballo, será repouso para loanza do Señor en todo país onde habitedes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 23:3
17 Iomraidhean Croise  

Moisés respondeulles: —"Iso é o que tiña dito o Señor. Mañá é día de lecer, dedicado ó Señor. Cocede hoxe o que teñades que cocer, guisade o que teñades para guisar, e todo o que vos sobre, gardádeo para mañá".


Vedes que o Señor vos deu o sábado. Por iso vos manda o pan de dous días no día sexto. Que cada un quede na súa casa e que ninguén saia do seu sitio o día sétimo".


E o pobo descansou o día sétimo.


Seis días traballarás, e o sétimo descansarás, para que descanse o teu boi e o teu asno, e para que teñan un respiro o teu servo e o forasteiro.


Seis días traballarás e o sétimo descansarás. Descansarás o mesmo na sementeira coma na recolleita.


Benaventurado o home que cumpra isto e o fillo de Adam que se manteña nisto firme, gardando o sábado sen profanalo e gardando a súa man de facer calquera maldade.


E ós fillos de estranxeiro que se apegan ó Señor, servindo e amando o Nome do Señor, sendo os seus servos, a todo o que garde o sábado sen profanalo e ós que se manteñan firmes na miña Alianza,


Se apartas o teu pé do sábado, de faceres o que ti queres no meu día santo, se lle chamas ó sábado: "Delicia"; ó día santo do Señor: "Venerable", e se o veneras, deixando de facer as túas viaxes, de atopar os teus negocios e de tratar os teus asuntos,


Cada un respecte a súa nai e a seu pai, e garde os meus sábados. Eu son o Señor, o voso Deus.


Entón o xefe da sinagoga, indignado de que Xesús curase nun sábado, díxolle á xente: Hai seis días para traballar, vide durante eses días para que vos cure e non precisamente no sábado.


Cando regresaron, prepararon perfumes e bálsamos. Pero o sábado descansaron, conforme o mandado.


pois Moisés ten desde tempos antigos predicadores en cada cidade e todos os sábados o lemos nas sinagogas.


Caín en arroubo o día do Señor e oín detrás miña un berro forte, coma dunha trompeta,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan