Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 23:2 - Biblia SEPT

2 —"Fálalles ós fillos de Israel: As festas do Señor, as miñas solemnidades, que habedes de celebrar en asemblea sagrada, son estas:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 23:2
28 Iomraidhean Croise  

Logo ordenou: —"Convocade asemblea santa en honor de Baal". E convocárona.


e ofrecer continuamente os holocaustos ó Señor os sábados, os novilunios e as festas, segundo o número e os ritos prescritos.


Fágoche saber que vou edificar un templo ó Nome de Iavé, o meu Deus, para consagralo, para queimar ante el incenso aromático, para a ofrenda perpetua dos pans presentados, e para os holocaustos matutinos e vespertinos dos sábados, lúas novas e solemnidades do Señor, o noso Deus, como se fai sempre en Israel.


Entón acordaron pregoar por todo Israel, desde Beerxeba ata Dan, que viñesen a Xerusalén celebrar a Pascua do Señor, Deus de Israel, porque moitos non a celebraban como está mandado.


Despois disto presentaron o holocausto perpetuo, os holocaustos dos novilunios e de todos os tempos sagrados do Señor, o mesmo que para cantos facían ofrendas voluntarias ó Señor.


pulsade o salterio, tocade o pandeiro, a donda cítara e a arpa.


En vendo isto Aharón, construíu un altar diante do becerro. E proclamou: —"Mañá será festa en honor do Señor".


Velaí Sión, a cidade da nosa solemne asemblea; os teus ollos verán Xerusalén, morada tranquila, tenda que non cambiará, os seus cravos nunca se arrincarán, nin se romperán as súas cordas.


(Dálet) Os vieiros de Sión están de loito, por non haber quen vaia á festa. Todas as súas portas están desoladas, choran os seus sacerdotes, as súas mozas están aflixidas; ela mesma ten amargura.


Nos preitos serán eles os xuíces que presidan para xulgar; conforme ó meu dereito é como han de xulgar os preitos. Gardarán as miñas leis e mais os meus preceptos acerca de todas as miñas festas, e santificarán os meus sábados.


Por isto volverei, e quitareille o meu trigo ó seu tempo, e o meu mosto no seu momento, collerei a miña lá e o meu liño, que habían de tapar a súa nudez.


Decretade un período sacro de xaxún, convocade a asemblea, xuntade os anciáns, a todos os que viven no país, no templo do Señor, o voso Deus, e pedídelle auxilios ó Señor.


Tocade o corno en Sión, dedicádelle un tempo sagrado ó xaxún, convocade a asemblea.


Faloulle o Señor a Moisés:


Nese mesmo día convocaredes a asemblea sagrada, que será santa para vós, e non poderedes facer ningún traballo servil. É lei perpetua en todas as terras en que habitedes por todas as xeracións.


Estas son as solemnidades do Señor, que celebraredes convocando asembleas sagradas, queimando vítimas ó Señor: holocausto, oblación, sacrificio e libación, conforme estea mandado para cada día.


Estas son as festas do Señor, asembleas sagradas, que convocaredes no seu tempo.


E Moisés promulgoulles as solemnidades do Señor ós fillos de Israel.


Nos vosos días de xúbilo, nas vosas solemnidades e nos primeiros de mes, tocaredes as trompetas durante os vosos holocaustos e sacrificios de comuñón, para que vos sirvan de memorial na presenza do voso Deus. Eu son o Señor, voso Deus!"


Tales son as cousas que faredes en honra do Señor nas vosas solemnidades, á parte dos vosos votos e ofrendas voluntarias, dos vosos holocaustos, oblacións, libacións e mais sacrificios pacíficos".


Despois disto había unha festa dos xudeus. E Xesús subiu a Xerusalén.


Pois quero que saibades a loita tan grande que sosteño por vós e polos de Laodicea e por tantos que non me coñecen persoalmente.


Así, que ninguén vos xulgue por culpa da comida ou da bebida ou polas festas, as lúas novas ou os sábados.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan